spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño celebra a Octava Gala do Deporte

Tomiño celebra a Octava Gala do Deporte

tomino-celebra-a-octava-gala-do-deporteEste sábado 8 de febreiro, ás 20.30h, o Concello de Tomiño celebra a Octava Gala do Deporte, un evento que recoñece o desempeño dos e das deportistas destacadas no último ano.

Revista Cousas de Nº24

O evento, terá lugar no Auditorio de Goián e agárdase unha gran afluencia de público para render homenaxe aos nosos/as deportistas, así como a diversas asociación e equipos.

A participación dos/das deportistas nesta gala é fundamental, xa que non só se recoñecerán os seus logros individuais, senón que tamén o esforzo colectivo que contribúe ao desenvolvemento do deporte en Tomiño.

Durante a gala, outorgaranse premios aos/ás mellores deportistas individuais masculinos e femininos, ao mellor evento deportivo e á mellor canteira, así como mencións especiais para aqueles/as que deixaron pegada no ámbito deportivo.

É de salientar que esta vez non será soamente o xurado quen concederá os galardóns, senón tamén a propia veciñanza, que tivo a oportunidade de dar o seu voto a través dunha enquisa subida á web do Concello.

Este evento non só celebra os éxitos; tamén busca inspirar ás futuras xeracións de atletas, fomentando o espírito de comunidade e colaboración.

Ademais, contarase con actuacións en directo e diversas sorpresas que farán desta unha xornada inesquecible para todos e todas as asistentes. “Convidamos a toda a comunidade a unirse a esta celebración do deporte e a apoiar aos nosos e nosas deportistas, que son o orgullo de Tomiño”, sinala o concelleiro de Deportes e Benestar Social, Rubén García, que aclara que NON se precisa acreditación no caso da prensa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.