spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda celebrará o próximo venres 21 de febreiro a Gala do...

A Guarda celebrará o próximo venres 21 de febreiro a Gala do Deporte 2025

a-guarda-celebrara-o-proximo-venres-21-de-febreiro-a-gala-do-deporte-2025A Guarda celebrará o próximo venres 21 de febreiro a Gala do Deporte 2025. Un acto que quere recoñecer, non só o éxito do deporte guardés, senón tamén os clubs que promoven o deporte na Guarda, sobre todo, nas xeracións máis novas.

Revista Cousas de Nº24

O Centro Cultural acollerá este acto que dará comezo ás 20:00 horas e porá en valor a importancia do deporte na vida guardesa, así como a súa diversidade: tenis, judo, petanca, skate, remo…Disciplinas que practican diferentes xeracións desde os máis pequenos ata os máis maiores e veteranos.

Ademais, tamén haberá recoñecemento para aqueles deportistas guardeses que continúan levando o nome da Guarda nos seus logros por toda Galicia, España e incluso Europa. Deportistas que destacan pola súa xuventude, como o skater Jorge García ou a promesa do atletismo Álex Sierpes; ou pola súa veteranía e éxito ao longo dos anos, como os atletas José Carlos Ferreira e Julia Vaquero.

En total, case 40 deportistas individuais e clubs serán recoñecidos nesta Gala do Deporte 2025.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.