
O Concello de Baiona recibiu a primeira visita oficial da nova secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez. O alcalde, Ángel Rodal, recibiuna na Casa do Concello e xuntos revisaron ás reformas levadas a cabo no Pavillón de Deportes do CEIP Covaterreña.
Marta Míguez e Ángel Rodal, xunto a 1ª Tenente de Alcalde, María Iglesias, e as concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, e Educación, Beatriz González visitaron o Pavillón de Deportes do CEIP Covaterreña, onde levouse a cabo o pasada outono unha profunda reforma para a mellora do pavimento, canalización de augas, pintado e eliminación de humidades. Os traballos realizáronse grazas a un convenio firmado o pasado mes de setembro polo anterior secretarios xeral, José Ramón Lete, e que supuxo un investimento de 48.000 euros.
A directora do CEIP Covaterreña, Isabel Martínez, e o técnico municipal de Deportes, Javier López, mostraron as instalacións á nova secretaria xeral para o Deporte e tamén a acompañaron na visita ao Pavillón Municipal de Deportes de Baiona.
Na súa visita a secretaria xeral, que estivo acompañada polo Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides, situou a rehabilitación das instalacións deportivas de Galicia como unha prioridade da Xunta de Galicia para que todos os galegos e galegas poidan facer deporte nas mellores condicións.



