spot_img
InicioBaixo MiñoA Sala de Exposicións do Concello do Rosal acolle a mostra “As...

A Sala de Exposicións do Concello do Rosal acolle a mostra “As nosas senlleiras”

a-sala-de-exposicions-do-concello-do-rosal-acolle-a-mostra-as-nosas-senlleirasOnte foi inaugurada na Sala de Exposicións do Concello do Rosal a mostra “As nosas senlleiras”,

Ao acto acudiron a deputada delegada da EFA, Eva Vilaverde, que estivo acompañada de Carmen Salinero, técnica de Areeiro e polo Concello, alcaldesa Mari Carmen Alonso e da primeira tenente de alcalde, Charo Tabales, entre outras persoas.

Que se considera unha árbore ou unha formación senlleira?

Como novidade a esta exposición a deputada corfirmou que o panel adicado ao ‘piñeiro manso’ é a primeira vez que inclúese na exposición. Tamén explicaron que aquelas persoas que sexan propietarias de árbores ou formacións e desexen solicitar a súa cataloagción poden facelo dirixíndose as administracións públicas ou centros de investigación ou asociacións de entidades que teñan entre seus fins a protección da natureza. Soamente hai que presentar o modelo de solicitude acompañado dunha memoria e de toda a información adicional da sús condición de senlleira. Nos facilitamos aquí o enlace da Xunta. https://bit.ly/2kqtpUP

Todas elas teñen un grande valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico e ornamental e supoñen un legado que se mantén no tempo –ata 800 anos- tanto en zonas rurais como urbanas (parques, castelos, pazos, xardíns montes, fincas…), ou incluso en illas, como ocorre coa simbólica carreira de buxos de San Simón.
 
Trátase de 50 árbores e doce formacións arbóreas de 42 especies que son consideradas ‘reliquias botánicas’.
 
Con independencia das medidas establecidas para a protección de especies ou unidades taxonómicas como tales, a conservación da nosa biodiversidade vexetal pasa tamén pola protección daqueles exemplares concretos ou rodais de árbores que polas súas características extraordinarias ou destacables (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza, etc.) son consideradas reliquias botánicas obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental.
 
Estes exemplares singulares representan un valioso legado e un valor natural na medida en que se trata de elementos que subsistiron aos rigores dos tempos ou que contan cunhas particularidades especiais.
 
A día de hoxe, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) -dependente da Deputación – está a traballar na clonación dalgunha delas coñecida como ‘Figueira do Meco’, unha árbore de máis de 100 anos situada nunha fenda entre dous penedos do Monte da Siradella (O Grove).  https://www.depo.gal/arbores-senlleiras-da-provincia
A exposición permanecerá aberta ata o día 10 de xuño
- Publicidade -spot_img