·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA ruta dos muíños do Folón e do Picón xa é máis...

A ruta dos muíños do Folón e do Picón xa é máis accesible

A ruta dos muíños do Folón e do Picón xa é máis accesibleO Rosal continúa no seu percorrido para converterse nun municipio máis accesible e inclusivo

O veciño, Manuel Sobrino, rematou a ruta dos muíños do Folón e do Picón  na nova cadeira todo terreo que adquiriu o Concello. Un gran salto na inclusividade e accesibilidade dun dos lugares de maior riqueza natural e patrimonial do Rosal que, en palabras de Sobrino, por fin “deixa de ser inaccesible… non hai palabras para describilo”.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que nos muíños do Folón e do Picón “a cadeira demostrou que é eficaz en superficies de gran pendente”, e engade que os rosaleiros e rosaleiras con mobilidade reducida “pronto desfrutarán dun servizo permanente para facer sendeirismo de xeito programado acompañado dun equipo de voluntarios e voluntarias”. A rexedora tamén quere agradecer a Manuel Sobrino “o seu esforzo e dedicación”, e ao Club ADN Rías Baixas que “nos acompañarán neste fito para a accesibilidade no noso concello”.

A ruta dos muíños do Folón e do Picón xa é máis accesible

Esta aposta polo sendeirismo inclusivo enmárcase dentro do proxecto Cocreando Sociedade, co que o Rosal trata de estreitar lazos entre tecido asociativo, administración local e entidades que traballan a prol da diversidade para deseñar de forma conxunta estratexias e iniciativas inclusivas.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade