spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán ofrece seis andainas guiadas polo municipio de aquí a final de...

Nigrán ofrece seis andainas guiadas polo municipio de aquí a final de ano

monteferro-escenario-do-xvi-trofeo-universidade-vigo-concello-nigran-orientacion
Monteferro

Os roteiros, que se estrean este sábado 13 de novembro co Camiño de Santiago desde A Ramallosa ao Pazo de Abacial, inclúen a península de Monteferro ou o Camiño en sentido inverso

O Concello de Nigrán ofrecerá desde este sábado 13 de novembro a fin de ano seis andainas guiadas polo  municipio percorrendo o Camiño de Santiago pola Costa en ambos sentidos e a península de Monteferro. A iniciativa municipal pretende por unha banda promover o patrimonio natural e arquitectónico da localidade e, por outra, fomentar o feito de andar como unha actividade saudable mentalmente e físicamente. Os tres  roteiros deseñados, de dificultade media-baixa, son de 5,5 km e se celebrará cada un en dúas datas diferentes.

Para participar é preciso inscribirse previamente no 986368734, no mail oficinaturismo@nigran.org ou na propia oficina de Panxón

Deste xeito, as andainas arrancan este sábado 13 de novembro ás 10:00 horas (sempre á mesma hora) para percorrer o Camiño de Santiago pola Costa desde a ponte da Ramallosa ao Pazo Abacial (repetirase o 6 de decembro); continúan o sábado 27 de novembro realizando o Camiño inverso desde Priegue a San Fiz (repetirase o 8 de decembro) e prosigue o 4 de decembro coa Península de Monteferro (repetirase o 18 de decembro).

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costa

En calquera caso, é imprescindible anotarse previamente no 986368734, no mail oficinaturismo@nigran.org ou na propia oficina de Panxón (de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas)  sendo o venres anterior a cadanseu roteiro a data límite para inscribirse.

Roteiro 13 de novembro “Desde A Ramallosa ao Pazo Abacial”

Percorrido de 5 km aproximadamente polo Camiño Portugués de Santiago pola Costa no municipio de Nigrán. Un encontro equilibrado coa natureza, cultura e arquitectura, partindo dende a “Ponte Vella” na Ramallosa, para proseguir polo camiño medieval e visitar o Pazo de Pías, hoxe albergue de peregrinos, seguindo a continuación polo camiño da Cabreira, deixando á esquerda a Granxa da Robaleira, ata chegar á Igrexa e Cemiterio  de San Pedro. Logo da visita continuaremos por un mosaico de terras de cultivo, vivendas, plantacións forestais e fragmentos de bosque de Ribera, no tramo que corresponde ao Roteiro do Río Muiños e, desde alí seguiremos ata o Pazo Abacial, punto final do percorrido. A data límite de inscrición é este venres 12 de novembro.

Nigrán ofrece seis andainas guiadas polo municipio de aquí a final de ano
Pazo Abacial
- Publicidade -spot_img