spot_img
InicioVigo e áreaVigoA RFG e a pianista Judith Jáuregui levan ao Teatro Afundación un...

A RFG e a pianista Judith Jáuregui levan ao Teatro Afundación un repertorio con pezas creadas nos últimos 200 anos por grandes autores de España e Portugal

a-rfg-e-a-pianista-judith-jauregui-levan-ao-teatro-afundacion-un-repertorio-con-pezas-creadas-nos-ultimos-200-anos-por-grandes-autores-de-espana-e-portugalA solista, unha das pianistas máis importantes do panorama europeo actual, suma na súa traxectoria colaboracións con algunhas de orquestras máis importantes do mundo

Revista Cousas De Nº20

Territorios da entropía é o título do próximo concerto da Tempada de Clásica do Teatro Afundación en Vigo. A Real Filharmonía de Galicia (RFG) regresa á cidade mañá venres 23 de febreiro acompañada dunha das mellores intérpretes de piano do panorama actual: Judith Jáuregui (Donosti, 1985). A solista preséntase regularmente en salas e festivais de referencia de Europa, Asia e América con recoñecidas orquestras de todo o mundo. Este concerto é un dos 8 programados na Tempada de Abono de Afundación en Vigo para o primeiro semestre. As últimas entradas individuais dispoñibles están á venda en Ataquilla.com.

A Tempada de Abonos de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros nos colectores habilitados ao efecto. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.

Jáuregui e a RFG interpretarán no teatro da Obra Social de ABANCA un repertorio que comeza con achegas recentísimas ao repertorio universal da música clásica: pezas creadas pola compositora hispano-portuguesa Inés Badalo (Olivenza, 1989). Case contemporánea de Jáuregui, lévanse 3 anos, Badalo está a crear un corpus musical que xa foi interpretado en importantes festivais do mundo enteiro por ensembles, solistas e orquestras. Judith Jáuregui e a RFG interpretarán no seu concerto de Vigo a obra Entropía.

De Falla a Arriaga

A viaxe musical do concerto do 23 de febreiro no Teatro Afundación continuará con Noches en los jardines de España, obra do gran compositor Manuel de Falla (1876-1946). Trátase dun conxunto de nocturnos para piano e orquestra. Estrutúrase en 3 partes e foi interpretada por vez primeira en 1916.

O repertorio do concerto de Judith Jáuregui e a Real Filharmonía de Galicia completarao a Sinfonía en re maior de Juan Crisóstomo Arriaga (Bilbao, 1806). Arriaga, en cuxa honra se nomeou o teatro da súa cidade, foi un creador tan precoz coma brillante. Con 11 anos de idade escribiu as súas primeiras sinfonías. Cando tiña 15, foi completar a súa formación a París. Alí tivo unha espectacular traxectoria como compositor, instrumentista e profesor ata a súa moi temperá morte antes de cumprir os 20 anos de idade.

- Publicidade -spot_img