spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación de Pontevedra conmemora o Día Internacional do Guia Turístico cunha...

A Deputación de Pontevedra conmemora o Día Internacional do Guia Turístico cunha recepción no Palacete das Mendoza

a-deputacion-de-pontevedra-conmemora-o-dia-internacional-do-guia-turistico-cunha-recepcion-no-palacete-das-mendozaA Deputación conmemora o Día Internacional do Guia Turístico cunha recepción no Palacete das Mendoza, do seu presidente, Luis López, acompañado pola deputada Nava Castro, a estudantes do Juan XXIII que se forman para ser profesionais deste sector 

Revista Cousas De Nº20

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, conmemorou este mércores o Día Internacional do Guía Turístico cunha recepción no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra, a estudantes do centro especial de emprego Juan XXIII que participan nunha experiencia formativa para exercer como profesionais deste sector e que participaron nunha visita dirixida pola cidade da man da guía Tina Otero. Nun acto no que tamén estivo presente a deputada de Turismo, Nava Castro, o mandatario provincial recoñeceu o labor destes profesionais no crecemento e consolidación das Rías Baixas como destino turístico e valorou a “iniciativa pioneira” na que participan estes sete alumnos do Juan XXIII.

Luis López felicitou polo seu traballo a todo o conxunto de guías profesionais que difunden a riqueza de toda a provincia en nome do goberno provincial. “Destinos paradisíacos que imaxinabamos noutro lado, estamos a darnos conta de que os temos ao lado da casa, e que todo o mundo que vir a coñecelo”, recoñeceu o titular do executivo da Deputación.

 

Neste sentido, o mandatario provincial quixo poñer en valor o traballo que tamén desempeñan a diario os profesionais de Turismo Rías Baixas, encabezados pola deputada Nava Castro e a xefa de servizo Ruth González. “Imos seguir traballando con ese plan estratéxico de turismo que vai marcar os avances cara onde temos que ir. O ano 2024 vai ser aínda máis exitoso, porque no 2023 aínda non tocamos teito”, asegurou Luis López, quen quixo matizar que a sustentabilidade e o respecto polo medio natural do territorio son principios inquebrantables.

Rematou o presidente da Deputación recordando a campaña 100 % Rías Baixas presentada na pasada Feira Internacional de Turismo de Fitur, na que se constatou que “temos un lugar onde todo o mundo ten posta a mirada”, concluíu en referencia ao destino Rías Baixas, o favorito en portais para usuarios de plataformas como Booking á hora de planificar as súas vacacións.

- Publicidade -spot_img