spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoCastelao visto a través da súa obra

Castelao visto a través da súa obra

castelao-visto-a-traves-da-sua-obra
Portada do libro “Castelao, constructor de nación”

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político… Alfonso Daniel Rodríguez Castelao amosou ao longo da súa vida unha creatividade poliédrica, múltiples facetas que agora se recollen na mostra ‘Castelao grafista (facsímile)’, que este mércores, no seu percorrido polos diferentes concellos de Galicia, se inaugurou en Tomiño e que procura a divulgación da obra e do pensamento dun dos creadores galegos máis singulares.

Revista Cousas De Nº20

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acudiu ao acto inaugural, que contou tamén coa participación de Ana Isabel Fernández, concelleira de Cultura; Julio Alonso, director da oficina de ABANCA de Tomiño; María Teresa Cores, coordinadora da área de Cultura de Afundación e de representantes da entidade SOS Tomiño.

https://www.cousasde.com/revista-cousas-de-no20/

Ata o vindeiro 17 de marzo, o Mercado de Tomiño acolle esta mostra “coa que tomiñeses e tomiñesas e visitantes, poderán coñecer de primeira man algunhas das creacións e das inmensas achegas á historia máis recente de Galicia feitas por Castelao, defensor da necesidade de construír unha arte e unha cultura propias da nosa terra”, como sinalou a rexedora.

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum ‘Cousas da vida’ de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA, xunto con obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares.

Castelao foi un dos intelectuais galegos máis importantes, un humanista e un referente de loita, amor e traballo por Galicia. A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum ‘Cousas da vida’ de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA, xunto con obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Ademais, o público poderá desfrutar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas, ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

https://www.cousasde.com/revista-cousas-de-no20/

O Concello de Tomiño colabora con este proxecto expositivo organizado por Afundación Obra Social ABANCA, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia. A mostra estará aberta ao público de martes a domingo de 09.00 a 14.00 e de 19.00 a 22.00 horas.

A mostra acolle tamén a iniciativa CulturaXAlimentos, a través da que se recollerán produtos non perecedoiros

A mostra trae ademais aparellada a acción social denominada ‘CulturaxAlimentos’, un programa solidario de Afundación a través do que se busca cambiar a entrada a eventos culturais pola doazón de alimentos.

Todos os produtos non perecedoiros recollidos durante as vindeiras semanas irán destinados a SOS Tomiño, que os repartirá entre as familias que a entidade atende no Baixo Miño. No Mercado haberá habilitado un espazo para todas aquelas persoas que queiran achegar o seu gran de area e deixar un quilo de alimentos non perecedoiros. Ás tomiñesas e tomiñeses que queiran colaborar recoméndaselles depositar leite, latas de conserva, produtos de  hixiene persoal, arroz, pasta, legumes, aceite ou produtos infantí

- Publicidade -spot_img