spot_img
InicioVigo e áreaPazos de BorbénA rehabilitación do Mercado de Moscoso en Pazos de Borbén "unha actuación...

A rehabilitación do Mercado de Moscoso en Pazos de Borbén “unha actuación fundamental nun espazo de encontro para a veciñanza”

A rehabilitación do Mercado de Moscoso en Pazos de Borbén unha actuación fundamental nun espazo de encontro para a veciñanzaA delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias,e a directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, visitaron este luns as obras de recuperación da cuberta da antiga praza do mercado

Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, e o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, visitaron este luns a praza do Mercado de Moscoso, onde o Goberno galego financiou a mellora da eficiencia enerxética da antiga cuberta.

Revista COUSAS DE Nº13

“Trátase dunha actuación fundamental para o municipio, posto que o mal estado da infraestrutura obrigaba a tomar medidas de forma inmediata nun espazo de encontro para a veciñanza”, destacou Fernández Tapias. Así, o convenio firmado entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Pazos de Borbén permitiu un investimento total de 48.398 euros para a recuperación do mercado.

Esta actuación realizouse ao abeiro da convocatoria do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), a través do que a Xunta colabora cos concellos galegos para financiar os investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural. O orzamento da nova orde acada os 11,3 millóns de euros e, un ano máis, converterase nunha ferramenta fundamental para contribuír ao desenvolvemento e a recuperación sostible dos municipios da comunidade.

O acordo entre as administracións supuxo o financiamento íntegro por parte da Xunta co obxectivo de reformar un edificio de alto valor histórico, social e sentimental. O convenio foi asinado o pasado mes de novembro de 2021 e as obras xa está finalizadas.

A substitución da cuberta estivo motivada pola grave deterioración que sufriu durante o último inverno e que chegou a comprometer a seguridade da estrutura. Para evitar a súa posible caída e o colapso total do edificio, inutilizando ademais o resto de traballos de rehabilitación levados a cabo no interior do inmoble, o Concello solicitou a axuda urxente da Xunta de Galicia, que financia o 100% dos traballos.

- Publicidade -spot_img