spot_img
InicioVal MiñorNigránA canteira do surf nacional brilla en Patos

A canteira do surf nacional brilla en Patos

A canteira do surf nacional brilla en Patos
Daniela Alonso

Fin de semana de surf e sol na Praia de Patos coa celebración da 3ª proba do Circuito Nacional Surfing Kids Junior da Federación Española de Surf. Novos surfeiros de toda España concentráronse no areal de Patos para dar o mellor de se nunha fin de semana de boas ondas, sol e calor.

Esta fin de semana celebrouse en Patos a 3ª proba do Circuito Nacional Surfing Kids Junior da Federación Española de Surf na que competiron as categorías Sub 14 masculino e feminino, Sub 12 masculino e femenio e Sub 10 mixto. A xornada transcorreu con ondada de entre 1/2 m e 3/4 cun sol radiante e calor. O mar brillou non só pola azul da auga cristalina de Patos senón tamén polo bo nivel de todos os participantes. Os surfeiros chegaron de toda a xeografía española: Cantabria, Asturias, Murcia, Andalucía , Gran Canarias , Forteventura , Galicia, etc e deixaron constancia da boa saúde do surf infantil.

Revista COUSAS DE Nº13

Os integrantes do Prado Surf Club conseguiron moi bos resultados, en especial cabe destacar a vitoria de Daniela Alonso que se fixo co primeiro posto na categoría Sub 14 feminino, título que xa conseguiu na anterior proba celebrada en Murcia e que a sitúa así á cabeza da clasificación nacional. Ademais, Danae González e Pedro De Brito conseguían quedar segundos nas categorías Sub 12 feminino e Sub 10 mixto respectivamente, e Teo García fíxose co 3º posto en Sub 12 Masculino.

Cabe destacar o alto nivel de todos os participantes e o gran apoio recibido desde a praia por parte de familiares e amigos, unha fin de semana de sol e calor que fixeron da proba unha gran festa do surf.

O evento está organizado pola Federación Española de Surf, a Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ademais, a proba conta co apoio dos patrocinadores Alumisel, Auga Sa e Clínica Dental Fontán & De Brito, e coa colaboración especial de Waira Surf, We are Walcott, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.