spot_img
InicioBaixo MiñoA Regata Miño Internacional bate récord de participación na súa edición de...

A Regata Miño Internacional bate récord de participación na súa edición de 2019

Celebrarase mañá en augas do río entre Currás, en Tomiño, e Tui cunha distancia de 6 mil metros. Por vez primeira participará un Oito feminino entre os 44 barcos en competición.

Mañá sábado celébrase a XXXIX Regata Miño Internacional – Copa Presidenta da Deputación, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo. Constará dunha distancia de 6 mil metros entre Currás, Tomiño, e Tui (fronte á rúa Olímpicos Tudenses). A proba baterá este ano record de participación con 271 remeiros e remeiras de 19 clubs galegos e portugueses e 44 embarcacións Catro Scull e Oito.

Na presentación realizada esta mañá na casa do concello o alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicou que se trata dunha proba de gran tradición, espectacular, e consolidada que conta cun atractivo indubidable porque reúne o deporte e a beleza do río. Apuntaba amais que é unha competición dun “deporte que hoxe forma parte consustancial da identidade tudense coma é o remo olímpico”. Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, sinalou que se trata dun evento que “pon de relevancia o Miño como un espazo de actividades deportivas e de lecer”. Ao tempo que aludiu a gran canteira de profesionais do remo e do kaiak que hai en Tui.

O presidente do Club Remo do Miño, José Luís Méndez, lembrou que o club Remo do Miño cumpre 45 anos, aproveitando para agradecer o esforzo e o traballo das directivas que fixeron posible esta realidade.

Os vicepresidentes do club, José Prada e Manuel Ángel González, foron os responsables da dar os datos técnicos da Regata que terá unha distancia de 6 mil metros dende Currás ata Tui. A primeira saída será ás 11.50h para o Catro Scull, e a última ás 12.40h. A entrega de premios está prevista para ás 13.30h. Os dous destacaron o feito de que por vez primeira competirá un 8 feminino, entre os 271 inscritos hai 67 remeiras.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.