Así o explicou hoxe o director de Vodafone España en Galicia, Miguel Fernández, ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, os avances da extensión da rede de telefonía móvil 4G (a banda ancha ultrarrápida móvil) desta empresa na provincia.
Este tipo de servizos afectan aos concellos e localidades seguintes: Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, Vincios, A Toxa, O Grove, San Vicente do Mar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moaña-Tirán, Mos, Puxeiros-Mos, Nigrán, Vilariño, Chavella, O Porte, Combarro, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vigo, San Adrián Cobres, Vilaboa-Acuña, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.
Según explicou Fernández na rolda de prensa posterior á xuntanza institucional e de traballo, para acelerar este despliegue da banda ancha ultrarrápida, Vodafone prevé investir 90 millóns € en Galicia no periodo 2013-2015.
O director de Vodafone España en Galicia destacou que a nova rede 4G ofrece, entre outras, ventaxas como velocidades de ata 150 Mbps en descarga e de ata 50 Mbps en subida de datos a Internet; facilidades para compartir e descargar arquivos (fotos, música, contidos audiovisuais); e posibilidade de sacar o máximo partidos a videoxogos online.
Pola súa banda, Louzán destacou a aposta desta firma para mellorar a calidade das Novas Tecnoloxías e a conseguinte competitividade na provincia e afirmou que a Deputación porá en marcha algún tipo de Servizo ou experiencia piloto con ela nalgún Concello pois Vodafone España tén á disposición dos concellos e da Administración en xeral servizos de última xeneración non só de telefonía senón tamén de Smart Cities ou promoción e desenvolvemento de cidades e localidades a través da Rede.



