spot_img
InicioVigo e áreaVigoA rapazada do CEIP Balaídos comprométese coa defensa da terra

A rapazada do CEIP Balaídos comprométese coa defensa da terra

A rapazada do CEIP Balaídos comprométese coa defensa da terraSandra Reyes e Modesto Ochoa, activistas ambientais de Honduras defensores da terra e os dereitos humanos de Honduras, visitaron onte ao alumnado do CEIP Balaídos de Vigo nunha xornada na que achegaron aos nenos e nenas a realidade do país e a importancia da protección da terra

Revista COUSAS DE Nº17

A primeira parada foi nas aulas de sexto, onde Sandra iniciou a conversa preguntando á rapazada que entenden eles e elas por dereitos humanos e, de seguido, polo dereito ao territorio. A activista espuxo a situación que enfrontan as comunidades en Honduras, onde macroproxectos empresariais contaminan terras e augas e poñen en perigo a supervivencia dos ecosistemas e, por ende, das persoas que os habitan. Ao seu relato, unha alumna respondeu “normal que protestéis, os quitan lo que es vuestro”.

Sandra deu paso a Modesto, quen completou o relato da súa compañeira falando de migracións. “La ley dice que la migración es un derecho para buscar mejores oportunidades, pero también es resultado de un problema, un problema por el cual nosotros estamos defendiendo los territorios”, reivindicou o activista. Ante estas palabras, moitos nenos e nenas se animaron a contar tamén as súas situacións migratorias.

A rapazada do CEIP Balaídos comprométese coa defensa da terra

Da aula, a xuntanza pasou ao patio, onde o alumnado máis pequeno se reuniu nun acto simbólico: a plantación dun carballo. Un momento que Sandra pechou agarrando a árbore e afirmando: “esto es por lo que yo lucho”.

Os defensores da terra remataron o encontro sorprendidos das inquietudes e coñecementos da rapazada arredor da protección do medio. E así, corroboraron iso que levan reivindicando durante toda a semana de actividades en terras galegas: as novas xeracións son imprescindibles nesta loita global.

Esta visita forma parte das xornadas “A defensa da terra, unha loita global” organizadas pola Coordinadora Galega de ONGDs e financiadas pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. A xira de actividas enmárcase dentro do proxecto Futuro en Común, unha plataforma que aglutina a forza de entidades da sociedade civil feministas, ecoloxistas, especializadas en cooperación e dereitos da infancia convencidas da necesidade de unir esforzos para cambiar as cousas.

- Publicidade -spot_img