spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Museo Marco de Vigo novamente escenario do Festival Sinsal Primavera

O Museo Marco de Vigo novamente escenario do Festival Sinsal Primavera

Sinsal Primavera é un evento promovido por Sinsalaudio (Festival Sinsal SON Estrella Galicia) vinculado á experimentación e á creación contemporánea, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. 

Revista COUSAS DE Nº17

Sinsal Primavera 2023 terá lugar esta fin de semana do venres 19 e sábado 20 de maio. O evento propón un programa conformado por cinco proxectos de vangarda, de e liderados por mulleres, chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía.

Asi, Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -proxecto musical de Tramontana e Luz González-, Ivankovà e Ana Lúa Caiano conforman o cartel desta edición, que se celebrará os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo.

Como novidade, ademais, este ano a programación estenderase a unha das principais recintos de música ao vivo da cidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lúa Caiano na noite do sábado 20.

Prezos:

– Cada xornada no MARCO: 15 euros (de balde para menores de 10 anos). A entrada do MARCO permite acceder de balde ao concerto da Sala Radar.

– Sala Radar: 8 euros (10 euros na billeteira).

Venres 19 | MARCO de Vigo
20.15 horas: Apertura de portas
20.30 horas: Angélica Salvi
21.30 horas: Ece Canli

Sábado 20 | MARCO de Vigo
20.15 horas: Apertura de portas
20.30 horas: Superorganismus
21.30 horas: Ivankovà

Sábado 20 | Sala Radar
22.30 horas: Apertura de portas
23.00 horas: Ana Lúa Caiano

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]