A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia mobiliza de novo o panorama vitivinícola con música para todos os gustos na Huerta do Parador de Baiona
O C.R.D.O. Ribeiro presentou este xoves o cartel definitivo e as adegas participantes da súa primeira edición do festival Ribeiro Son de Viño en Baiona, que se celebrará na Huerta do Parador de Baiona o sábado 13 de agosto durante todo o día. O lugar elixido para o acto de presentación foi o restaurante Recuncho Mariñeiro de Baiona, na que participaron o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares (dereita da imaxe) e o director do Parador de Baiona, Francisco Praza
O vindeiro sábado, 13 de agosto, a D.O. Ribeiro sae a escena a ritmo de música de autor e pop-rock con motivo da I edición do Festival Ribeiro Son de Viño en Baiona, unha magnífica fusión de cultura e exaltación na Huerta do Parador de Baiona. O festival abre portas ás 12.00 horas e finalizará sobre as 23.00 horas.
Trátase dun encontro especial entre música e viño, no que os asistentes serán os grandes protagonistas ao poder fusionar cada viño cos diferentes concertos da xornada, que poderán adquirir nas barras das 10 adegas participantes no evento.
A entrada ao Festival é de 13€ e pode adquirirse en A Taquilla: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/festivales/la-huerta-del-parador-parador-de-baiona/14213–festival-ribeiro-son-de-vino-baiona.html





