spot_img
InicioBaixo MiñoA primeira barferencia do ano versará sobre o centenario do Museo do...

A primeira barferencia do ano versará sobre o centenario do Museo do Monte da Guarda

a-primeira-barferencia-do-ano-que-versara-sobre-o-centenario-do-museo-do-monte-da-guarda

Este venres 20 de xaneiro, ás 20’30 horas na Cafetería La Casilla, terá lugar a primeira barferencia do ano 2017, e terceira desta tempada de inverno. Trátase dunha cita moi especial para A Guarda, xa que a ponencia versará sobre os “100 anos do Museo do Monte”, un elemento clave na vida e na sociedade da vila nas últimas décadas.

A ponencia estará a cargo do historiador e profesor guardés Joaquín  Miguel Villa Álvarez, licenciado en Xeografía e Historia e Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Villa imparte clases no Colexio PP. Somascos da Guarda, labor que compaxina coa de investigador, que o levou a colaborar en diferentes publicacións, en especial con temas relacionados coa Guarda.

Nesta barferencia exporá parte dos seus numeroso coñecementos sobre o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), que cumpre cen anos este ano 2017, pois foi creado pola Sociedade Pro-Monte no 1917. Parte desta ponencia terá como base a investigación que ten realizado sobre a propia Sociedade Pro Monte e que o levou a publicar “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)” e “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939). A estes dous volumes súmase un terceiro libro, “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte”, que se presentará no Centro Cultural da Guarda o vindeiro sábado 28 de xaneiro.

Dende o Concello da Guarda anímase a tódolos veciños a asistir a esta interesante barferencia, na que poderán coñecer a historia dun museo clave na vida, cultura e sociedade da vila.

- Publicidade -spot_img