spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Presidenta da Deputación de Pontevedra e a Alcaldesa do Porriño agradecen...

A Presidenta da Deputación de Pontevedra e a Alcaldesa do Porriño agradecen aos efectivos do Parque Comarcal Anti Incendios o seu “excelente traballo” na traxedia do tren Vigo-Oporto

bomberos-porrino

Carmela Silva sinalou que “a coordinación dos efectivos para evacuar aos pasaxeiros e garantir que fosen atendidos axiña foi modélica”

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, e o Xerente do Consorcio Provincial, Roberto Jorge Correa, visitou este luns o parque Comarcal Anti Incendios e de Salvamento do Porriño, que forma parte do Consorcio, para felicitar aos seus efectivos polo “excelente traballo” que fixeron inmediatamente despois do accidente de tren, ocorrido o pasado venres, no que morreron 4 persoas e outras 49 resultaron feridas.

Carmela Silva salientou que como presidenta quería agradecerlles, persoalmente a súa entrega durante o descarrilamento, facendo unha labor que a presidenta cualificou de “matrícula de honra”, xunto cos integrantes doutros parques, entre eles o de Vigo.

A presidenta lembrou que “estes profesionais arriscan a súa integridade para garantir a seguridade dos cidadáns”, e engadiu que a coordinación dos efectivos os minutos seguintes, para atender aos feridos e garantir que fosen atendidos axiña foi modélica.

Do mesmo xeito, Silva, agradeceu aos medios de comunicación o seu bo facer durante a traxedia e a cobertura que fixeron da mesma na estación do Porriño, e nos días posteriores, e polo comportamento “exemplar” como informadores.

Pola súa banda, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, afirmou que este era un día para visitar aos profesionais que acudiron inmediatamente á Estación, recoñecer o traballo de “quenes se poñen en primeira liña cando hai unha desgracia e, o venres foron un exemplo, non so os efectivos do Parque Comarcal do Porriño, senón  todos os integrantes dos equipos de emerxencias, aos que estamos fondamente agradecidos e aos que amosamos a nosa admiración polo seu compromiso e xenerosidade ”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.