spot_img
InicioVal MiñorNigránA Praza do Concello de Nigrán acolleu a primeira xornada do "DepoRuarte...

A Praza do Concello de Nigrán acolleu a primeira xornada do “DepoRuarte 2017”

a-praza-do-concello-de-nigran-acolleu-a-primeira-xornada-do-deporuarte-2017

Mozos e mozas participaron esta tarde nos obradoiros de breakdance, turntablism DJ, beatbox, grafitti e personalización de gorras

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e ao alcalde de Nigrán e deputado provincial, Juan González, asistiron esta tarde á primeira xornada do programa “DepoRuarte 2017” que está a espallar a cultura urbana entre a mocidade da provincia maior de 12 anos.

a-praza-do-concello-de-nigran-acolleu-a-primeira-xornada-do-deporuarte-2017A Praza do Concello acolleu a mozas e mozos  que participaron activamente neste programa impulsado polo servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial. “DepoRuarte 2017” ten por obxectivos ofertar actividades de música, baile e pintura urbana para a mocidade da provincia.

A mocidade practicou diferentes modalidades artísticas enmarcadas en MusicArte, UrbanArte e CreArte.  Máis polo miúdo, MusicArte ofreceu tres obradoiros relacionados coa creación músical. O primeiro deles, breakdance, estivo centrado no ensino e aprendizaxe das técnicas deste estilo de baile urbano; o segundo, turntablism DJ vertebrou arredor do movemento que realizan os DJ de Hip-Hop cos vinilos ata adiante e atrás para crear composicións sonoras; e o terceiro, o beatbox, consistiu na creación de música coa boca.

Pola súa banda, a través de UrbanArte ofreceuse un obradoiro para a creación e elaboración de pinturas coa base dos grafitti e as mozas e mozos que asistiron a CreArte pudieron personalizar as súas gorras mediante debuxos elaborados na parte frontal das mesmas.

A segunda edición de “DepoRuarte” inclúe unha serie de novidades, como agrupar todos os obradoiros nunha mesma xornada, para facelo máis atractivo para a mocidade. Amais, por vez primeira, o programa ten un compoñente inclusivo, abrindo a participación a mozas e mozos e monitoras e monitores con diversidade funcional.

Tras o seu paso por Nigrán, o programa recalará o vindeiro 24 de xuño, entre as 17 e as 20 horas, en Marín e continuará os vindeiros meses, entre outros concellos, na Estrada, Silleda, Caldas, Vilagarcía de Arousa, Poio, Mondariz, O Porriño e Tui.

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.