spot_img
InicioBaixo MiñoA praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co...

A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a Xunta

 A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a XuntaO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, entregou hoxe á praza de abastos de Tomiño o distintivo de Mercado Excelente, converténdose así no primeiro en contar con este selo que outorga a Xunta. Conde sinalou que se trata dun recoñecemento ao traballo colectivo, salientando o esforzo das distintas partes implicadas.

Conde, visitou hoxe o Mercado Municipal de Tomiño, para facer entrega do distintivo de excelencia que outorga a Xunta de Galicia aos mellores mercados de abastos da Comunidade Autónoma. Acompañaron ao conselleiro, a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, que foron recibidos pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o seu equipo de goberno. A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a Xunta

Despois de un pequeno percorrido, achegaronse ata a porta principal do Mercado, onde Sandra González mostrou ao Concelleiro o lugar onde foi colocado o Distintivo. Xa no interior a Alcaldesa  destacou que o Concello apostou por recuperar estas instalacións, contando cun apoio da Xunta e resaltou dun xeito especial a implicación dos praceiros e praceiras, que coa súa profesionalidade converten o mercado tomiñés nun emblema de calidade e excelencia. A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a Xunta

Pola súa banda, o Concelleiro, subliñou tamén a importancia do respaldo da cidadanía, que comprando no mercado día a día potencia un punto de encontro no que o comercio, a gastronomía e as actividades de ocio van da man, e un centro de negocios no que pemes e autónomos desenvolven a súa actividade de forma competitiva, creando riqueza e emprego. A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a Xunta

A praza de Tomiño acada o selo de Mercado Excelente pola súa resposta aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, así como pola proximidade e o trato personalizado. Á hora de conceder este recoñecemento, a Xunta valorou catro grandes áreas: a imaxe do mercado, instalacións e accesibilidade; a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos; e a implicación e integración do mercado na vida social do concello. A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a Xunta

Francisco Conde sinalou que, para que máis prazas de abastos avancen neste camiño, o próximo ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria porá en marcha unha nova orde de axudas na que os Mercados Excelentes terán preferencia. Ademais, sinalou que no vindeiro 2019 as prioridades da Xunta en materia de comercio seguirán sendo a dixitalización e a innovación do sector. A este ámbito destinarase preto dun 12% máis no orzamento, o que permitirá a posta en marcha de novas iniciativas como os laboratorios dixitais, que asesorarán e guiarán aos comerciantes.

Este incremento no orzamento tamén posibilitará incidir en aspectos como a ecoinnovación, buscando a sustentabilidade ambiental do sector. Neste ámbito, sinalou que se vai buscar a colaboración das asociacións de comerciantes das prazas de abastos para a utilización de ecoenvases, o que permitirá incidir aínda máis na vinculación co territorio que teñen estas instalacións.

Praceiros e praceiras do Mercado de Tomiño, o Concelleiro de Economía, Francisco Conde e a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.