spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA Praza de Abastos de Chapela repartirá bolsas ecolóxicas de tea entre...

A Praza de Abastos de Chapela repartirá bolsas ecolóxicas de tea entre a súa clientela

A Praza de Abastos de Chapela repartirá bolsas ecolóxicas de tea entre a súa clientelaOs postos da praza de abastos de Chapela repartirán bolsas de tea ecolóxicas proporcionadas polo Concello de Redondela nunha iniciativa que amosa a aposta do Goberno local polo comercio de proximidade e de calidade contrastada e que se realizou con fondos europeos dentro da Estratexia DUSI.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou a praza de Chapela para facer entrega das bolsas, pizarras para que os postos poidan amosar os seus prezos e unha pizarra para uso informativo da praza de abastos.

A Praza de Abastos de Chapela repartirá bolsas ecolóxicas de tea entre a súa clientela

Esta estratexia de comunicación e promoción, forma parte das actuacións promovidas polo Goberno local na posta en valor dos mercados de abastos “como elementos imprescindibles para a dinamización non só da contorna na que se atopan, senón do municipio”, explica a alcaldesa de Redondela.

Nesta dinámica de apoio ao comercio local considerada polo Goberno de Redondela como “imprescindible” para a reactivación económica, o Concello desenvolverá distintas iniciativas que contribúan a mellorar a competitividade do comercio de proximidade.

Digna Rivas, lembrou “que tan só nas dúas prazas de abastos –Redondela e Chapela– investirase máis de 500.000 euros de fondos europeos para convertelas nunhas infraestruturas modernas e multifuncionais”

- Publicidade -spot_img