spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA praia de Arealonga (Redondela) acolle dúas xornadas de educación medio ambiental...

A praia de Arealonga (Redondela) acolle dúas xornadas de educación medio ambiental co alumnado do Colexio Alexandre Bóveda

A praia de Arealonga (Redondela) acolle dúas xornadas de educación medio ambiental co alumnado do Colexio Alexandre BóvedaA praia de Arealonga recibiu onte a visita das nenas e nenos do C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Bóveda de Chapela, nela participaron nunha xornada educativa e de lecer preparada pola concellería de medio ambiente. A praia quedou dividida en cinco sectores para que os grupos burbulla do centro poidan realizar a actividade seguindo o protocolo COVID.

A xornada educativa consistiu na identificación dos residuos que aparecen no areal de Chapela. Unha vez identificados recibiron explicacións sobre a procedencia lixo e as causas polas que chegou a praia. Unha ves identificados o alumnado procedeu a retirar o lixo da praia de forma selectiva para o seu tratamento. Como era de esperar na praia de Arealonga recolléronse gran cantidade de entullos, vidros e cabichas.

No día de onte participaron as nenas e nenos de infantil e primeiro e segundo de primaria, na de hoxe participaron o resto de cursos do centro ata sexto de primaria.

A actividade foi impartida pola técnica en educación medio ambiental do concello, unha alumna en prácticas do CIFP A Granxa que cursa un ciclo superior de educación medio ambiental e o Concelleiro de Medio Ambiente Roberto Villar. O alumnado tamén recibiu a visita da Concelleira de Ensino Olga García que se achegou o areal a interesarse pola actividade educativa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.