
Este sábado tivo lugar a segunda edición da Ocean Race da Lanzada na modalidade de Surfski e Padle Surf en categoría absoluta.
Nesta edición participaron deportistas de 4 países e de toda a xeografía española como son o País Vasco, Asturias, Canarias e Galicia que fan que se somen a este evento máis dunha decena de deportistas internacionais nas distintas modalidades do piragüismo.
Iván Alonso gañador o ano pasado en Surfski participou nesta edición co seu compañeiro de club Diego Piña na modalidade dobre e tiveron como grandes rivais aos padeeiros do equipo nacional de Francia Cyrille Carré e Rémi Pété que na actualidade atópanse adestrando en Tui.
Na modalidade individual o canario Esteban Medina e o surafricano Óscar Chalupsky partian como os grandes favoritos á vitoria final.
O Esteban Medina e a parella formada por Cyrille Carre e Rémi Pété impuxéronse na II Ocean Race da Lanzada. O padeeiro canario foi o vencedor en SS1 e os franceses en SS2.
Ás 15:30 dábase a saída á II Ocean Race da Lanzada nunha tarde magnífica para a práctica do surfski e onde os participantes tiñan que percorrer o 15km que separan a praia da Lanzada co porto de Portonovo.
Desde o primeiro momento os principais favoritos á vitoria foron na cabeza de carreira liderando a proba ata a liña de meta.
A parella francesa formada por Cyrille Carre e Rémi Pété foron os vencedores da proba de SS2 cun tempo de 56 minutos e 35 segundos, Iván Alonso que nesta edición participaba co seu compañeiro de club Diego Piña chegou en segunda posición e a parella vencedora o ano pasado de Juan Gago e Jesús Dacosta foron terceiros.
Esteban Medina representante español no mundial de surfski que se disputou en Taití era o gran favorito á vitoria en SS1, entrou en meta cun minuto de vantaxe sobre Victor Rodríguez do Kaiak Tudense, a terceira praza foi para o padeeiro vasco Ion Sacro.
Na categoría Master o gran especialista desta modalidade durante moitos anos o gran Óscar Chalupsky conseguiu a vitoria por diante do asturiano Rafael Quevedo, a terceira praza foi para Mikel Lauzirika.
Jesica Moledo e Jose Angel Bicada lograron a vitoria por diante de Monica Carreira e Emilio López en SS2 Mixto.
Na categoría SUP a vitoria foi para Pablo Codesido seguido de David González, a terceira praza do caixón foi para Javier Enríquez.
A proba contou co respaldo da Federación Galega de Piragüismo, Tararuga Surf, Sipre, Concello do Grove e o Concello de Sanxenxo.



