Inicio Pontevedra Baiona iniciará os próximos días a recuperación da senda fluvial e a...

Baiona iniciará os próximos días a recuperación da senda fluvial e a rede de saneamento que discorre baixo o río Fraga, en Baredo

O Concello de Baiona iniciará os próximos días a recuperación da senda fluvial e a rede de saneamento que discorre baixo o río Fraga, en Baredo. Os temporais do inverno pasado provocaron danos nunha pasarela e na canalización de augas residuais, polo que será nestes puntos nos que se centrarán os traballos. Ademais colocaranse colectores de PVC nun tramo de 780 metros e a construción dun pequeno muro nun meandro do río. Os traballos levaraos a cabo a empresa Sergonsa Servizos S.L., que asinou esta semana o contrato. Teñen un custo de 254,692,90 euros, achegados pola Deputación de Pontevedra a cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015. A empresa realizará o mantemento da senda durante 5 anos, ocuparase da restitución puntual de madeiras rotas, danadas ou que presenten danos, así como doutras incidencias que se poidan producir. Ademais, ofrece unha garantía de 240 meses. Prevese que a obra estea terminada en tres meses. ?Con esta actuación mellórase unha zona do municipio cun enorme potencial de atractivo natural. O Concello de Baiona aposta fortemente por impulsar o coñecemento do patrimonio ambiental e cultural das parroquias. ?, sinala Anxo Rodal, Alcalde de Baiona. O paseo fluvial de Baredo forma parte do percorrido polo que transcorre a senda fluvial e litoral do Concello de Baiona presentada este verán. Este itinerario é moi interesante para aquelas persoas que lles apaixonen a natureza. Ademais, As novas rutas ambientais, pola que transcorre a senda para reparar, veñen complementar a oferta turística e cultural da localidade.

O Concello de Baiona iniciará os próximos días a recuperación da senda fluvial e a rede de saneamento que discorre baixo o río Fraga, en Baredo. Os temporais do inverno pasado provocaron danos nunha pasarela e na canalización de augas residuais, polo que será nestes puntos nos que se centrarán os traballos. Ademais colocaranse colectores de PVC nun tramo de 780 metros e a construción dun pequeno muro nun meandro do río.

Os traballos levaraos a cabo a empresa Sergonsa Servizos S.L., que asinou esta semana o contrato. Teñen un custo de 254,692,90 euros, achegados pola Deputación de Pontevedra a cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015. A empresa realizará o mantemento da senda durante 5 anos, ocuparase da restitución puntual de madeiras rotas, danadas ou que presenten danos, así como doutras incidencias que se poidan producir. Ademais, ofrece unha garantía de 240 meses.

Prevese que a obra estea terminada en tres meses.

“Con esta actuación mellórase unha zona do municipio cun enorme potencial de atractivo natural. O Concello de Baiona aposta fortemente por impulsar o coñecemento do patrimonio ambiental e cultural das parroquias.” , sinala o alcalde de Baiona, Angel Rodal.

O paseo fluvial de Baredo forma parte do percorrido polo que transcorre a senda fluvial e litoral do Concello de Baiona presentada este verán. Este itinerario é moi interesante para aquelas persoas que lles apaixonen a natureza. Ademais, As novas rutas ambientais, pola que transcorre a senda para reparar, veñen complementar a oferta turística e cultural da localidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies