Inicio Alto Minho A Ponte Internacional da Amizade punto de encuentro reivindicativo na defensa da...

A Ponte Internacional da Amizade punto de encuentro reivindicativo na defensa da Serra da Arga

O vindeiro sábado 19 de setembro ás 11h (10h portuguesas), a Ponte Internacional da Amizade que une Vila Nova de Cerveira con Tomiño será o escenario dun acto simbólico de unión entre as poboacións e os concellos unidos por esta ponte.

A acción consistirá en despregar unhas pancartas en sinal de protesta contra o proxecto mineiro que o Estado Portugués pretende implementar na Serra da Arga e que segundo os organizadores, de producirse, podería por en risco o desenvolvemento sostible e o futuro de toda esta rexión.

Caminha prepara un investimento de 120 mil euros para consolidar a marca Serra d' Arga

A iniciativa do sábado decorrerá sobre o río Miño, “o río que nos une”, e é co-organizada polo Movimento SOS Serra da Arga, por ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño), polo Centro Social Fuscalho e por A Jalleira (Asociación Forestal e de Educación Ambiental), co apoio de representantes dos concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, onde mostrarán o seu apoio a esta causa.

Organigrama: Quedada no aparcadoiro que hai na rotonda de Goián  ás 10:30h para ir camiñando ata a metade da ponte, lugar no que se realizará o acto simbólico.

Dende os organizadores, prégase manter as distancias de seguridade entre os grupos, evitando calquera tipo de aglomeración.

O acto está aberto a todas as persoas que se queiran achegar

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies