A Ponte do Pasatempo sobre o rio Valiñadares é un dos accesos máis antigos a Mondoñedo, sendo opaso do Camiño Real
Esta ponte de orixe medieval dun só arco sobre o río Valiñadares situada no barrio de Os Muíños está construída sobre un Camiño Real e é unha das vías de transito cara a cidade dende antigo.
Chamada Ponte de Ruzos troca o seu nome polo do Pasatempo debdo á lenda que posúe
Conta a lenda que nesta ponte os Coéngos da Catedral entretiveron á muller do Mariscal D. Pardo de Cela (nobre de finais do século XV), que traía un indulto dos Reis Católicos para o seu marido que estaba preso na cidade á espera de ser axusticiado.
Ao entretela aquí, esta non conseguiu chegar a tempo de entregalo, polo que o Mariscal foi axusticiado na praza da Catedral o día 17 de decembro de 1483.