spot_img
InicioVal MiñorBaiona"Seguindo os pasos de Drake" en Baiona

“Seguindo os pasos de Drake” en Baiona

Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación: O Camiño RealA Concellería de Turismo realiza unhas visitas guiadas na península de Santa Marta “Seguindo os pasos de Drake” orientadas a un público infantil para realizar en familia

Revista Cousas de nº21

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio.

S.Marta Baiona

Tras o éxito de participación e interese suscitado na primeira visita, que se realizou en Semana Santa, a Concellería de Turismo volve realizar as visitas guiadas na península de Santa Marta, “Seguindo os pasos de Drake”, orientadas a un público infantil para realizar en familia, na que nais, pais e fillos/as participen conxuntamente nas visitas, pasando un intre agradable coñecendo un pouco da historia local. Estas visitas centrarase na chegada do corsario inglés Francis Drake a esa zona da Vila e explicaranse os elementos significativos do lugar, todo iso, de forma didáctica a través de xogos, adiviñas,…

O punto de encontro para as saídas serán ás 11:30 horas no posto de salvamento da praia de Santa Marta. A primeira delas terá lugar o domingo 19 de maio. No mes de xuño as actividades celebrarase os domingos 23 e 30.

As visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa, unha semana antes de cada das actividades, na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal ou a través do teléfono: 986 68 70 67
- Publicidade -spot_img