Inicio Pontevedra Baixo Miño A Policía Local da Guarda reforza os mecanismos para o control do...

A Policía Local da Guarda reforza os mecanismos para o control do abandono de animais

a-policia-local-da-guarda-reforza-os-mecanismos-para-o-control-do-abandono-de-animais

O Concello da Guarda vén de adquirir dous elementos que reforzarán o control de animais por parte da Policía Local da vila. Estes mecanismos consisten nun lector de chips e unha xaula para a retención temporal dos animais, á espera de que apareza o dono ou se faga cargo a empresa coa que o concello ten convenio (Tragsa).

Deste xeito, a Policía Local da Guarda contará con máis medios para o control de animais domésticos abandonados ou perdidos. É obrigatorio que estes animais leven chip, e o lector adquirido polo concello permitirá controlar a aqueles cans que se escapen ou perdan na vila; así como detectar aqueles que non teñan chip e dar un prazo aos seus donos para que llo poñan.

O obxectivo desta medida é evitar o abandono e loitar contra o maltrato animal. Ademais, tamén pode permitir localizar aos cans que fan as súas defecacións na vía pública, e aos seus propietarios, para que este feito poda ser motivo de sanción de acordo ao regulamento. Manter A Guarda limpa é cousa de todos

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies