spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA poboación do Concello de Soutomaior aumentou lixeiramente en 2014

A poboación do Concello de Soutomaior aumentou lixeiramente en 2014

O padrón sitúase en 7.356 habitantes, 54 máis que o ano anterior e 212 desde o 2010

O concello de Soutomaior viu crecer a súa poboación durante o pasado ano 2014. Así se pon de manifesto nos datos sobre o padrón do Instituto Nacional de Estatística (INE) e que cifran en 7.356 os habitantes do municipio. Isto supón un crecemento neto de 54 novos veciños respecto dos 7.302 rexistrados a finais do ano 2013.

Estas cifras confirman a liña ascendente que vén rexistrado o censo municipal do Concello de Soutomaior nos últimos anos. No ano 2010 o padrón establecía un total de 7144 persoas, 212 menos que agora. Contando desde o comezo deste século o censo municipal incrementouse en 1.987 persoas, o que supón un incremento total do 37%, xa que por aquel entón a poboación municipal cifrábase en 5369 habitantes.

Para o Concello este aumento de poboación é tamén significativo se se compara cos datos de municipios de similares características e se se consultan os datos dos concellos que conforman a área metropolitana de Vigo.Neste caso o aumento do 37% na poboación de Soutomaior contrasta aínda máis observando como desde o ano 2011, o último ano con crecemento neto de poboación en Pontevedra, até o 2014 o censo da provincia decreceu en preto dun 2% , ao pasar dos 963.511a 950.919. Concellos de características similares como Baiona, Cangas, Mos ou Salvaterra creceron en torno ao 12% en leste mesmo período, unha cifra bastante inferior á do Concello de Soutomaior.

A evolución demográfica de Soutomaior adquire maior valor dada a clara tendencia descendente tanto de Galicia como da provincia de Pontevedra. Mentres Galicia perdeu máis de 17.000 habitantes no último ano pasando de 2.765.940 a 2.748.695 censados, a poboación da provincia descendeu en pouco máis de 4.000 persoas, desde as 955.050 ás 950.919 persoas, o que supón unha variación do -0.43%.

Na distinción por sexos destaca o aumento da poboación masculina. Mentres no ano 2013 a poboación de homes ascendía a 3.640, o pasado ano o número de habitantes deste sexo alcanzou os 3.679 rexistrando un total de 39 novos habitantes. A poboación feminina tamén aumentou o pasado ano, que pasou das 3.662 mulleres censadas en 2013 ás 3.677 do ano pasado, rexistrando un incremento de 15 novas mulleres censadas e rompendo a tendencia negativa dos últimos exercicios, na que o número de mulleres descendía ano tras ano.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.