spot_img
InicioO SalnésA Deputación de Pontevedra oferta 2.200 prazas, en 11 quendas de 7...

A Deputación de Pontevedra oferta 2.200 prazas, en 11 quendas de 7 días, nos campamentos de verán da Lanzada 2015

Deputación de Pontevedra oferta 2.200 prazas, en 11 quendas de 7 días, nos campamentos de verán da Lanzada 2015A Deputación de Pontevedra oferta 2.200 prazas no Centro de Vacacións da Lanzada en 11 quendas de campamentos: a primeira,  do 21 ó 27 de xuño, e a última, do 30 de agosto ó 5 de setembro.

A Deputación contratará unha empresa, por 225.000 euros, para encargarse da asistencia técnico-educativa dos campamentos, así como da alimentación. Entre outras actividades haberá: xogos e deportes; actividades na praia; aire libre, natureza e medio ambiente; actividades artísticas; teatro e contacontos; bailes e outras actividades culturais.

Ós campamentos poderán acudir nenos residentes nos concellos de Pontevedra e nacidos entre 2002 e 2007. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 1 de abril e o prezo será de 83,60 euros por neno.

Segundo informaron hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada Marta Iglesias, a adxudicación das prazas farase por sorteo: reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe; terán prioridade os que non asistisen o ano pasado; asignaranse, por quenda, 100 prazas para nenos e 100 para nenas; e cando un menor que non fose o ano pasado obteña praza e teña irmáns, para favorecer a conciliación familiar, estes tamén obterán praza na mesma quenda aínda que xa fosen o ano pasado.

Louzán lembrou que os campamentos pasaron de contar con 400 nenos de concellos do interior, cando el chegou á Deputación, ós 2.200 que agora se ofertan para todos os concellos, de costa e interior.

As prazas asígnanse a cada concello en proporción á súa poboación.

20-02-15 Tabla Campamentos A Lanzada 2015

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.