spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaOS TRES TENedORES INAUGURAN O CICLO TEATRO CATIVO de Redondela

OS TRES TENedORES INAUGURAN O CICLO TEATRO CATIVO de Redondela

OS-TRES-TENedORES-INAUGURAN-CICLO-TEATRO-CATIVO-RedondelaA Concellaría de Cultura de Redondela inaugura este domingo un ciclo de teatro para a poboación infantil.

TEATRO CATIVO é o nome deste ciclo que inclúe tres producións escénicas orientadas ás idades máis temperás, e que se vai desenvolver nas tardes de domingo de febreiro e marzo.

Con estas propostas preténdese achegar espectáculos de calidade, en lingua galega, ao sector da poboación que menos oferta ten de actividades artísticas, e inclúe dúas producións para bebés e menores de 4 anos.

Da man de tres compañías galegas, Os tres TENedORES, O Baúl da tía tola e Teatro da Semente, esta xeira presenta espectáculos para público infantil e familiar, orientado a maiores de 4 anos o primeiro, e a bebés e nenas e nenos até 4 anos para os dous seguintes.

A programación é a seguinte:

  • domingo 22 de febreiro, ás 18.00 h. OS TRES TENedORES: “Cocido sinfónico”.
  • domingo 1 de marzo, ás 17.00, 18.00 e 19.00 h. O BAÚL DA TÍA TOLA: “Tilintilonia”.
  • domingo 8 de marzo, ás 18.00 h. TEATRO DA SEMENTE: “Chíos”.

A función deste primeiro domingo, COCIDO SINFÓNICO, está orientada a público infantil e familiar, preferiblemente para maiores de 4 anos.

Este innovador espectáculo está protagonizado por tres músicos e cómicos (Saúl Cacharrón, Martín Nogueira e Paco Nogueiras) que interpretan música en directo e clown dende un restaurante no que ofrecen aos comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos.

O prezo da entrada é de 2 € para público infantil e 4 € para público adulto, e pódense mercar dende 2 días antes a cada función no multiúsos da Xunqueira, e  dúas horas antes o mesmo día do espectáculo.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.