·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Plaza das Escolas Vellas de Gondomar estrea os xardíns “Asociación Avelaíña”

A Plaza das Escolas Vellas de Gondomar estrea os xardíns “Asociación Avelaíña”

A Plaza das Escolas Vellas de Gondomar estrea os xardíns “Asociación Avelaíña”A Praza das Escolas Vellas de Gondomar loce unha nova decoración a cargo dos usuarios e usuarias da Asociación Avelaíña de Saúde Mental do Val Miñor, que esta mañá participaron nunha actividade de xardinería á que foron convidados polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, na recente visita que realizou ao centro que teñen en Baiona.

En total desprazáronse ao municipio doce usuarios e usuarias de Avelaíña que tras recibir as instrucións dos responsables do departamento de xardinería do concello, puxéronse ao choio plantando os exemplares de ciclamen dispostos en cinco espazos diferentes da praza, na que “poñeremos unha placa para lembrar que estes xardíns son froito do traballo realizado polos integrantes de Avelaíña “.

A Plaza das Escolas Vellas de Gondomar estrea os xardíns “Asociación Avelaíña”

Paco Ferreira agradeceu “o traballo realizado, así como o esforzo que cada día facedes xunto coas responsables da Asociación para demostrar a vosa valía e que a saúde mental debe de deixar de estar estigmatizada e asumirse como algo que en calquera momento podemos padecer calquera”. Lembroulles “que calquera cousa que necesitedes de Gondomar contade connosco, porque na medida que podamos aí estaremos a colaborar, que é o mínimo que debe facer unha administración.”

Aproveitando a súa presenza no municipio visitaron o Belén tradicional en movemento onde esmeraronse en descubrir os diferentes secretos que o seu creador, Fernando Fernández, retáballes a atopar entre as máis de 600 figuras que o integran.

O concello de Gondomar mantén, á súa vez, unha colaboración anual con Avelaíña Asociación de Saúde Mental que este ano tivo unha dotación de 2000 euros, e “confiamos en que a actividade de hoxe sexa o principio doutras colaboracións similares no futuro”, concluíu Paco Ferreira.

- Publicidade -spot_img

Publicidade