spot_img
InicioBaixo MiñoA parroquia de Areas en Tui contará cun parque infantil inclusivo e...

A parroquia de Areas en Tui contará cun parque infantil inclusivo e biosaudable

A parroquia de Areas en Tui contará cun parque infantil inclusivo e biosaudableNas próximas semanas comezarán as obras do parque infantil e biosaudable de Areas, que suporán un investimento de 53.495,08 €, financiados polo Plan Concellos 2018. A empresa Activa Parques e Jardines SL foi a adxudicataria dos traballos que terá un prazo dun mes para a súa execución.

A actuación realizarase nunha parcela de titularidade municipal de 6.654 metros cadrados en Areas que ampliará os usos actuais pero poderá seguir empregándose como recinto das festas parroquiais.

Para a realización destas obras dende o Concello mantiveron múltiples conversas cos representantes de distintos colectivos da parroquia para dar solución así as necesidades plantexadas. O resultado será un lugar de encontro social, para todas as idades, onde se conxugará a practica deportiva

O obxectivo é lograr un parque que poida ter un uso continuado durante todo o ano. Por unha parte construirase un parque infantil inclusivo e biosaudable baixo a carballeira, destinado a nenos de distintas idades e capacidades así como por adultos.  Recuperaranse algúns dos xogos existentes coma un tobogán, un resorte e un bambán que recibirán un tratamento protector, e se instalarán outros novos coma un bambán inclusivo, unha rede tridimensional de escalada, un teléfono, unhas campás, unha casiña e pasos de pedra. Búscase estimular a imaxinación mediante o uso de xogos sinxelos con formas elementais e abstractas, construíndo espazos abertos á fantasía. Tamén se creará unha nova zona de biosaudables cun Timón ou roda de ombreiro, un elemento para exercitar a cintura, un ciclo-pedal que fai  funcións de bicicleta estática.

Amais será rehabilitado o pavimento da pista polideportiva, substituiranse os taboleiros das canastras por uns novos, renovarase a estrutura metálica de canastras e porterías, e se instalarán dúas columnas de aceiro corten con catro proxectores led que permitirán a práctica deportiva ao longo de toda a xornada.  Outra das actuacións contempladas é a plantación dunha fileira de árbores que proporcionarán sombra no verán, ocultarán as vistas da estrada, e mitigarán o ruído do tráfico.  e suavicen a transición entre esta vía e o parque.

Tamén se colocará novo mobiliario urbano onde destacan bancos de deseño con forma de casiñas, bancos de madeira, unha papeleira ecopunto para a recollida de orgánicos, recollida selectiva e depósito de pillas, unha fonte con deseño inclusivo, e aparcamento de bicicletas

A concelleira de Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez, sinala nesta actuación apostouse pola inclusión “cunha nova filosofía que até agora non primaba neste tipo de proxectos en Tui, un espazo de todos e para todos”. Engade que o Concello de Tui aposta por “un cambio na concepción destes espazos de esparexemento social, pretendendo converterse en espazos integradores, onde teñan cabida todos os cidadáns sen ningún tipo de distinción”. Avanza que esta filosofía “vai continuar no resto de proxectos de reforma doutros parques que se irán acometendo”. Por último á concelleira Yolanda Rodríguez foi un chamamento á cidadanía a  “facer un uso responsable destas instalacións, isto debe ser un traballo conxunto, da cidadanía e da administración local, para que poidan manterse nas mellores condicións posibles ao longo do tempo”.

- Publicidade -spot_img