A Capitanía Marítima de Baiona acolleu onte a inauguración da exposición “A Illa dá Memoria”. Esta actividade está enmarcada dentro da programación do BaiOutono, organizada pola Concellería de Cultura e dedicada en exclusiva á memoria histórica.
Logo de percorrer numerosos lugares da xeografía galega, fai parada na vila de Baiona.
Co soporte de medios gráficos o autor , Antón Caeiro recrea o pasado da illa de San Simón (Cesantes-Redondela) como colonia penitenciaria e campo de concentración nos anos 1936 – 1943. Alí foron ubicados polas autoridades franquistas máis de 6000 presos chegados de todo o Estado español.
A exposición poderase visitar en horario de 16:00 a 19:00 h de luns a sábado na Capitanía Marítima de Baiona, sita na Rúa Elduayen, número 20.
No acto de inauguración, participaron alcalde, Carlos Gómez e a concelleira Mirian Costas.
Gómez destacou a importancia de accións como esta que forman parte da nosa historia e puxo de manifesto a necesidade de lembrar “as persoas que pagaron mesmo coas súas vidas un período tan desgraciado para todos nós”. Carlos Gómez Prado asegurou que a memoria histórica ten que servir “para que feitos así non se repitan nunca”.




