Inicio Baixo Miño A Guarda «A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa» presente na 15k do Atlántico...

«A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa» presente na 15k do Atlántico 2019

«A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa» presente na 15k do Atlántico 2019O vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira.

As inscricións para participar na 15k do Atlántico están xa abertas na web  www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con case 200 inscritos na modalidade de carreira. A Carreira partirá como cada ano dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta.

As actividades programadas entorno a este evento deportivo arrancarán xa na xornada do venres día 27 de setembro cunha importante novidade, unha charla a cargo do historiador e investigador F.J. Costas Goberna, quen falará sobre «A Paisaxe do Camiño Portugués da Costa» ás 20:00h no Centro Cultural de Mougás, no termo municipal de Oia.

Fernando Javier Costas Goberna nace no ano 1953, sendo moi recoñecido polas súas aportacións ao coñecemento da Arte Rupestre do Noroeste da Península Ibérica participando en diversas publicacións, formando parte activa na vida diaria de Oia, coma membro destacado de varios colectivos coma ACAMO, a Comunidade de Montes ou mesmo no Instituto de Estudios Vigueses.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies