Inicio Pontevedra A Orquestra Xove Vigo 430 volve co seu programa máis ambicioso ata...

A Orquestra Xove Vigo 430 volve co seu programa máis ambicioso ata o momento

Será o próximo 9 de marzo cando a  Orquestra Xove Vigo 430 se suba de novo a un escenario. Nesta ocasión, no Auditorio Martín Códax, para repasar as obras magnas de Beethoven, Weber e Schubert baixo a dirección de Roberto Baltar e coa incorporación de Andrea Álvarez como clarinete solista.

O programa do concerto abrirase co Valse Triste, núm 1, op. 44., unha composición obra da figura crucial da música finlandesa, Jean  Sibeliuse que á súa vez forma parte de Kuolema, unha obra concibida como música incidental para unha obra de teatro obra do cuñado de Sibelius e que agora poderemos gozar en todo o seu esplendor ao ser interpretada pola OXV430 cunha coidada instrumentación. Posteriormente, dirixirémonos cara á obra de  Carl  Maria von  Weber, concretamente ao seu Concerto para Clarinete núm. 1, op. 73, en Fa Menor.

Carl  Maria von  Weber é considerado o creador da primeira ópera romántica alemá, e sen dúbida, foi un compositor, director, crítico musical e  talentoso pianista que nos agasallou con pezas como o seu Concerto para Clarinete núm. 1,  op. 73 escrito para o clarinetista Heinrich Bärmann e do que poderemos gozar grazas á viguesa Andrea Álvarez, quen comezou os seus estudos na Banda- Escola de Música de Beade, formouse de maneira profesional nos Conservatorio Profesional e Superior de Música de Vigo co profesor Roberto  Noite, e actualmente é membro da Pacific Music Festival Orchestra, académica na Nederlands Philharmonisch Orchestra, tras formar parte da Orquestra Sinfónica de Madrid e da Real Filharmonía de Galicia.

O programa finalizará coa interpretación da Sinfonía  núm. 7, op. 92, a maior obra do colosal Ludwig van Beethoven. Composta cando só contaba con 42 anos. A Sétima Sinfonía estreouse no  paraninfo da Universidade de Viena como parte dun akademie, un pequeno concerto no que se mostraban ao público por primeira vez obras dun compositor. O propio Beethoven foi o encargado de dirixir á orquestra mesmo cando a súa xordeira xa o limitaba para escoitar as seccións máis fortes. Un evento moi especial xa que os beneficios do mesmo destináronse aos soldados  bávaros e austriacos feridos na Batalla de Hanau.

Nesta ocasión o director da  OXV430 será Roberto Baltar, nacido en Vigo en 1983, quen comeza os seus estudos no Conservatorio da cidade á que regresa de maneira habitual para colaborar con varios proxectos como director coa  Orquestra Sinfónica Vigo 430 e coa súa ramificación: a Orquestra Xove desde 2014. Unha labor que compaxina con ser membro de Airas Ensemble e cos seus estudos de dirección en Katarina Gurska en Madrid co prestixioso músico e director Vicente  Alberola.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies