spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Oficina de Turismo Rías Baixas de Pontevedra abre novamente ao público

A Oficina de Turismo Rías Baixas de Pontevedra abre novamente ao público

aprobado-plan-estratexico-turismo-2020-pontevedra-converter-provincia-nun-destino-sostible-excelente-e-innovador
Sede de Turismo Rías baixas en Pontevedra – P. Mendoza

A Deputación de Pontevedra reabre este martes a Oficina de Turismo Rías Baixas no Palacete das Mendoza e os puntos de información de Peinador e Armenteira abrirán as súas portas cara ao mes de xullo ao igual que as oficinas dos concellos da Rede Rías Baixas

Con todas as medidas de seguridade e cun Plan de Continxencia específico, a Deputación de Pontevedra reabrirá este martes a Oficina de Turismo Rías Baixas do Palacete das Mendoza en Pontevedra, despois do parón provocado pola crise sanitaria da Covid19.

A oficina abrirá as súas portas nos horarios habituais e a atención ás persoas visitantes farase cun 50% de aforo e coas medidas de protección xa establecidas no resto das dependencias provinciais. Así, o protocolo suporá pasar por alfombras de desinfección do calzado, controis de medición de temperatura e uso de hidroxel, amais da obrigatoria utilización de mascarillas en todo o Palacete. Tamén, fomentarase o acceso á información turística ao través de códigos QR para evitar o uso de papel.

En canto as outras dúas oficinas turísticas da Deputación, o punto de información do Aeroporto de Peinador ten previsto a súa reapertura o próximo 1 de xullo, mentres que o de Armenteira farano ao longo da primeira semana de xullo xa que o seu público obxectivo son unicamente os grupos.

Respecto ás oficinas dos concellos da provincia, adheridos á Rede Info Rías Baixas, a previsión é que todas estean en funcionamento entre a última semana de xuño e a segunda de xullo.

Mantivéronse reunións con todos os concellos para constituír os Comités de Xestión do Risco e poñer en marcha os protocolos hixiénico-sanitarios, así como os medios de atención ao público, subministrados pola Deputación, e que xa están activados. Amais, todos os concellos da Rede xa estableceron os procedementos para a contratación do persoal informador turístico.

Os municipios con oficinas turísticas adheridas á Rede Info Rías Baixas son: A Illa de Arousa, A Guarda, Baiona, Cambados, Cangas, Moaña, Cuntis, Nigrán, Ribadumia, A Estrada, Bueu, Marín, Meaño, Poio, Ponteareas, Caldas de Reis, Salvaterra do Miño, Oia, As Neves e Catoira

- Publicidade -spot_img