spot_img
InicioBaixo MiñoA Oficina de Turismo de Tui adhírese á rede Info Rías Baixas

A Oficina de Turismo de Tui adhírese á rede Info Rías Baixas

A Oficina de Turismo de Tui adhírese á rede Info Rías BaixasA Oficina de Turismo de Tui, situada dende comezos de mes no céntrico Paseo da Corredoira, vén de adherirse á rede Info Rías Baixas. Deste xeito súmase á trintena de oficinas e puntos de información que xa integran esta rede provincial

Formar parte de INFO Rías Baixas permitirá á Oficina Municipal de Turismo de Tui ter acceso á intranet de Turismo Rías Baixas para o uso de plataformas de xestión, soportes e contidos informativos turísticos homoxéneos. Tamén recibirá, por parte da institución provincial, apoio técnico e coordinación, material de promoción actualizado, asesoramento e medios para obter distintivos de calidade. Grazas á sinatura deste convenio o Concello terá amais a posibilidade de acceso ás axudas convocadas para a dotación de persoal con destino á oficina.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, veñen de asinar o respectivo convenio.

A rede provincial INFO RIAS BAIXAS, ten por obxectivo garantir un servizo de atención de calidade nas oficinas de turismo da provincia, ás que dota de máis medios, de novas tecnoloxías e dunha imaxe unificada para mellorar o grao de satisfacción dos e das visitantes.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui, no seu novo emprazamento no Paseo da Corredoira, conta cunhas instalacións máis amplas e modernas, executadas ao abeiro do proxecto Río Miño, destino navegable. A adhesión á rede Info Rías Baixas, permitirá seguir mellorando a atención turística, nun eido, o Turismo, estratéxico para a cidade de Tui. O segundo conxunto histórico de Galicia, ser a porta do Camiño Portugués de Santiago en Galicia, contar co primeiro espazo natural protexido galego coma é o Parque Natural do Monte Aloia, un importante legado xudeu que lle permitiu formar parte da Red de Juderías de España, son só algúns do moitos atractivos que posúe a cidade.

En materia de turismo esta mesma semana tivo lugar unha reunión informativa sobre o Sistema Integral de Calidade en Destinos Turísticos, SICTED, co obxectivo de que sexan moitos máis os establecementos tudenses que poidan contar con este selo de calidade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.