spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA nova web de Turismo Rías Baixas comenzará a funcionar a próxima...

A nova web de Turismo Rías Baixas comenzará a funcionar a próxima semana

a-nova-web-de-turismo-rias-baixas-comenzara-a-funcionar-a-proxima-semana

A web foi elaborada por persoal e recursos propios da Deputación de Pontevedra sen supoñer custos extra para as arcas provinciais

A próxima semana entrará en funcionamento a nova web de Turismo Rías Baixas (www.turismoriasbaixas.com) elaborada, tal e como subliñou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, “por persoal propio da institución provincial, sen supoñer custo engadido extra para as arcas municipais”. Esta renovada plataforma,  en palabras de Carmela Silva, “ten por obxectivo poñer en valor toda a potencialidade das Rías Baixas para atraer ó maior número de turistas posible e contribuír, así, ó impulso do sector como factor de desenvolvemento económico, xeración de riqueza e creación de postos de traballo na provincia de Pontevedra”.

Carmela Silva manifestou a importancia das novas tecnoloxías “para promover o turismo, dando a coñecer todas as nosas potencialidades, captar a atención das usuarios e usuarios e contribuír a que as e os turistas, dende as súas casas, poidan planificar a viaxe ó destino Rías Baixas”. Neste contexto, a Presidenta destacou que “a antiga plataforma web era inútil para a promoción turística, con información de difícil acceso e disuasoria xa que as usuarias e usuarios entraban unha vez e non regresaban máis”. Por tal motivo, a nova páxina web – en palabras de Silva – “adaptada ós tempos, é moito máis atractiva, de fácil manexo, útil e eliminou os problemas técnicos que existían, co obxectivo de invitar ás e ós turistas a que coñezan o noso destino e facilitar a xestión e planificación da súa viaxe”.

A nova páxina web, en consonancia coa tendencia actual dos destinos intelixentes, proporciona ás e ós turistas unha experiencia diferente que, amais, poderán confeccionar segundo os seus gustos e necesidades.  En concreto, a plataforma de forma automatizada ofrecerá á e ó visitante experiencias únicas acorde á estación do ano e permitirá introducir a forma na que a e o turista desexa viaxar, ben sexa sen compañía ou en parella, en grupo ou con nenas e nenos, en primavera ou verán, etc.

Ademais, nesta renovada web os concellos, como pezas fundamentais que son dentro da estratexia turística que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo, terán maior protagonismo e espazo propio para a promoción dos seus recursos turísticos. Tamén ocuparán un lugar en portada os atractivos culturais, gastronómicos e deportivos da provincia, así como as novas e a axenda de eventos.

Entre as moitas modificacións técnicas introducidas, destacan a simplificación da navegación e usabilidade para facela máis cómoda para a e o turista; a eliminación das votacións ou opinións, xa dispoñibles noutros portais; a posta en marcha de contidos accesibles e en menos clicks e o redeseño da web, acorde ás últimas tendencias e estándares creativos, potenciando a experiencia do usuario e unha interfaz limpa e clara.

A plataforma, operativa a partir da próxima semana, estará dispoñible en español, galego e inglés e adaptada a múltiples dispositivos (ordenador, tablets e móviles).

- Publicidade -spot_img