spot_img
InicioBaixo MiñoA Mancomunidade do Baixo Miño innova en información turística este verán

A Mancomunidade do Baixo Miño innova en información turística este verán

a-mancomunidade-do-baixo-mino-innova-en-informacion-turistica-este-veran

Este verán repartiránse máis de 30.000 mapas turísticos da comarca conectados a unha web coa xeolocalización dos puntos de interese

A Mancomunidade do Baixo Miño ven de producir máis de 30.000 exemplares dun mapa despregable con información dos puntos de interese turístico da comarca. O obxectivo é promocionar o patrimonio natural, etnográfico, arquitectónico, cultural, arqueolóxico e panorámico dos cinco concellos que conforman a mancomunidade: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.

a-mancomunidade-do-baixo-mino-innova-en-informacion-turistica-este-veranDurante os meses de xullo e agosto decenas de miles de persoas escollen o Baixo Miño como destino turístico para gozar das vacacións estivais.

Pero ás veces chegar a un petroglifo na montaña ou a unha ermida nun paraxe recóndito non é doado. A innovación e a tecnoloxía son as estratexias elexidas neste caso para facilitar ao visitante atopar os destinos de interese no territorio facilmente, e para iso o mapa en papel está conectado a unha páxina web mediante un código QR. A web conta con varias utilidades de xeoposicionamento, de xeito que o turista pode chegar a calquera dos destinos coa axuda do seu teléfono móbil ou GPS, facendo uso de aplicacións moi coñecidas como Google maps.

Durante os meses de xullo e agosto decenas de miles de persoas escollen o Baixo Miño como destino turístico para gozar das vacacións estivais. Este ano poderán descubrir coa axuda deste folleto moitos dos segredos e tesouros que o territorio do Baixo Miño agocha.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.