spot_img
InicioBaixo MiñoA nova ponte peonil sobre o rio Louro permitirá ir camiñando dende...

A nova ponte peonil sobre o rio Louro permitirá ir camiñando dende a vella Ponte Internacional até Caldelas

A nova ponte peonil sobre o rio Louro permitirá ir camiñando dende a vella Ponte Internacional até CaldelasA comezos da próxima semana colocarase a ponte peonil de madeira que unirá ás dúas beiras do río Louro na súa desembocadura

Cousas de revista nº16

A estrutura chegaba o pasado xoves a Tui nun transporte especial que precisou dun operativo especial de tráfico debido ás súas grandes dimensións.

Coa colocación desta ponte, explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, darase “cumprimento a unha demanda histórica deste concello de colocar esta infraestrutura sobre o río Louro e seguir viabilizando este paseo fluvial.

Anunciaba tamén o rexedor tudense coma en breve comezarán as obras da senda fluvial entre a praia da Mariña e a praia da Metralla, que serán financiadas pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito unha vez concluídos estes traballos poderase camiñar pola beira do río Miño dende a vella Ponte Internacional até Caldelas.

Enrique Cabaleiro manifestou que “cerraremos estes 4 anos cun traballo importante feito nos ámbitos fluviais do municipio” sinalando que “todos aqueles retos e desafíos que este goberno afrontou no inicio deste mandato os vai deixar materializados ou en vías de materializar”. Nese senso o rexedor tudense lembraba coma arestora está en execución a Senda Fluvial do río Furnia, por parte do Obradoiro de Emprego, e coma nos vindeiros días van asinar coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil o convenio para a execución da senda do río Louro, e están a traballar co Ministerio para viabilizar a senda do río Tripes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.