Inicio Val Miñor Nigrán A nova exposición "D'Pedra" da Escola de Cantería chega a Nigrán

A nova exposición “D’Pedra” da Escola de Cantería chega a Nigrán

A nova exposición "D'Pedra" da Escola de Cantería chega a NigránA mostra reúne unha vintena de pezas de diversa temática realizadas por alumnas e alumnos do centro dependente da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra leva este martes a Nigrán a nova exposición da Escola de Cantería “D’Pedra”, unha colección de obras elaboradas polo alumnado do centro e composta por preto dunha vintena de pezas de granito de diversa temática, que na súa meirande parte representan oficios, animais, sentimentos ou escenas da vida cotiá. A mostra estará exposta ao público ata o vindeiro 9 de setembro.

“D’Pedra” é unha exposición que a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos, como fixo no seu momento con “Nado en Pedra”, e que non só fai fincapé na actividade que mozas e mozos desenvolven neste centro de formación, senón que tamén serve como elemento dinamizador da cultura e a idiosincrasia galega. Entre os seus obxectivos figura a achega da arte do traballo en pedra ás xeracións máis novas, para que poidan descubrir este oficio tradicional.

Máis polo miúdo, as 16 pezas que se exhiben son obra de Patricia Pazó Vázquez, Alejandro García Álvarez, Marcos Lareo García, Álvaro Somoza López, Rubén Gil Rodríguez, Santiago Rey López, Marcel Kahlbrandt, José Sampedro Caamaño, Jonathan Mariñas García, José Gómez de Bernardo, Lorenzo Lede Mouriño, Jonathan López Otero e Jason Pérez. Tras o seu paso por Nigrán, a mostra da Escola de Cantería chegará ao concello de Gondomar, onde permanecerá ata o 9 de outubro.

A Escola de Cantería naceu no ano 1979 coa finalidade de poñer en valor un dos oficios máis antigos de Galicia e ao longo da súa traxectoria, numerosos mestres e mestras canteiros formados na Escola teñen deixado a súa pegada no patrimonio arquitectónico de Galicia e diversos lugares do mundo. Así, os seus traballos están presentes en Fortaleza (Brasil), Maracaibo (Venezuela), Manila (Filipinas), La Paz (Bolivia), Nova York (Estados Unidos), Querétaro (México), Buenos Aires (Arxentina) o Montevideo (Uruguai) entre outros países.

Ademais, o alumnado ten participado nas obras de restauración de emblemáticos monumentos, como a A Sagrada Familia de Barcelona, a catedral de Santiago, a catedral de Westminster de Londres ou mesmo as obras de recuperación do edificio do Capitolio de Washington.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies