Inicio Pontevedra Louriña O Concello de Mos avanza na súa próxima adhesión ao Pacto dos...

O Concello de Mos avanza na súa próxima adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

O Concello de Mos avanza na súa próxima adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a EnerxíaA titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e a rexedora, Nidia Arévalo, mantiveron unha reunión na que abordaron a posible colaboración da Consellería en varios proxectos municipais en materia de xestión de residuos, espazos verdes e accións de divulgación ecolóxica.

O Concello de Mos sumarase proximamente ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. Este foi un dos principais asuntos que abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante a reunión de traballo que mantiveron esta mañá.

Neste sentido, a conselleira felicitou ao Concello pola decisión de sumarse a unha iniciativa que desde finais de 2017 a Xunta coordina y lidera en Galicia e que nestes momentos xa conta co apoio de 121 municipios galegos e doutros 22 que están aínda en trámite de adhesión. Pola súa parte, a rexedora aproveitou a xuntanza para interesarse polos pasos que deberá seguir agora o municipio de cara a oficializar a súa incorporación ao pacto e agradeceu o labor de apoio e asesoramento que brinda neste sentido a Consellería á hora de animar ás entidades locais a participar.

Así mesmo, Ángeles Vázquez e Nidia Arévalo tamén abordaron outros asuntos de interese para o Concello de Mos relacionados con áreas de competencia da Consellería. Concretamente, a alcaldesa trasladoulle que o seu equipo traballa en varios proxectos para a creación de sendas peonís e a mellora e acondicionamento dalgún paseo xa existente, así como nunha iniciativa para a posta en marcha dun centro de interpretación de natureza e ecoloxía de carácter multifuncional, que podería acoller distintos tipos de actividades e cursos de temática verde e medioambiental.

Ademais, tamén falaron sobre a xestión dos residuos urbanos en Mos e concretamente, do proxecto municipal para instalar un composteiro que recolla e trate os residuos orgánicos do municipio.

A conselleira, pola súa parte, escoitou con interese as propostas e iniciativas que está a impulsar o Concello de Mos nas áreas da súa competencia e comprometeuse coa alcaldesa a analizar as posibles vías de colaboración que ten o seu departamento para poder apoiar ao municipio nalgunha delas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies