spot_img
InicioVal MiñorGondomarA mostra integradora da Deputación de Pontevedra “Sorrisos Transformadores”, chega a Gondomar

A mostra integradora da Deputación de Pontevedra “Sorrisos Transformadores”, chega a Gondomar

A mostra integradora itinerante que a Deputación de Pontevedra está a trasladar entre os concellos da provincia, “Sorrisos Transformadores”, chega mañá a Gondomar.

A exposición, dirixida tanto ao alumnado e profesorado de centros educativos como ao público en xeral, presenta imaxes cheas de ledicia que poderán verse no auditorio de Gondomar de luns a sábado, ata o 16 de maio,  en horario de 16.00 a 20.00 horas.

No marco da mostra, o vindeiro 11 de maio a presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios, ofrecerá unha charla coloquio sobre a situación das persoas LGTBI

“Sorrisos Transformadores” trátase dun proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI posto en marcha pola Deputación de Pontevedra en colaboración con ARELAS.  A mostra itinerante consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista ou sobre a súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

A finalidade de “Sorrisos Transformadores” é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero.

“Sorrisos Transformadores” completarase coa charla coloquio, o vindeiro 11 de maio ás 12.00 horas no auditorio de Gondomar, da presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios, na que afondará sobre a situación das persoas LGTBI, aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.