spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Mostra da Camelia "Bella Otero" reúne en Valga a corenta expositores...

A Mostra da Camelia “Bella Otero” reúne en Valga a corenta expositores afeccionados a esta flor

a-mostra-da-camelia-bella-otero-reune-en-valga-a-corenta-expositores-afeccionados-a-esta-florÉ a flor de Galicia por excelencia e durante esta fin de semana protagonista absoluta no Auditorio Municipal. É a camelia, que a asociación de mulleres rurais “Albor” homenaxea cada ano coa Mostra “Bella Otero”.

Revista Cousas De Nº20

Uns corenta expositores participaron nesta décimo sexta edición cos seus centros e composicións florais nos que destaca o colorido propio das distintas variedades desta especie.

Centros educativos, ANPAs, asociacións e outros colectivos valgueses e tamén coleccionistas particulares, tanto locais coma foráneos, participaron na mostra. “Cada vez hai máis coleccionistas en Valga”, sinalaba Rosa Crespo, presidenta de Albor. E a iso contribuíu precisamente a Mostra da Camelia, xa que cada ano os participantes son agasallados cun exemplar que lles axuda a ampliar as súas plantacións.

Este ano non foi moi propicio para a camelia, xa que “tanta chuvia e a falta de sol fixeron que as plantas tardaran moito en florecer”, comentaba Rosa Crespo. “Estas últimas semanas solleiras viñeron moi ben, xa que axudaron moito á floración”.

A exposición abriuse ao público o sábado pola mañá e xa pola tarde e coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, tivo lugar a entrega de agasallos. A continuación actuou a Orquestra Clásica Galega de Valga.

- Publicidade -spot_img