spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaUn cento de persoas comezan en Redondela a súa formación no Programa...

Un cento de persoas comezan en Redondela a súa formación no Programa Integrado de Emprego

un-cento-de-persoas-comezan-en-redondela-a-sua-formacion-no-programa-integrado-de-empregoSon en total 100 veciños e veciñas de Redondela desempregados que participan nun plan de formación dun ano de duración con clases teóricas e prácticas. O obxectivo é acadar o 45% de inserción laboral dos participantes

Revista Cousas De Nº20

O  auditorio da Xunqueira acolleu esta mañá a presentación do novo Programa integrado de Emprego, no que participan un cento de veciños e veciñas de Redondela. O obxectivo do plan en mellorar a formación destas persoas para que se incorporen ao mercado laboral. A alcaldesa, Digna Rivas, participou no acto xunto ao concelleiro de Emprego Antonio Cabaleiro e as orientadoras Ana Concheiro e Mónica Reinaldo. A rexedora deulles a benvida e tamén os felicitou por formar parte deste programa “porque todos e todas tedes un gran potencial e co voso esforzo e a formación que ides recibir será posible acadar o obxectivo de atopar un emprego”. Rivas recoñeceu que “non será doado”, pero amosouse convencida que “con gañas e esforzo será posible”.

O programa, cunha duración inicial dun ano, te como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral doa participantes. O perfil dos participantes é moi variado, xa que se cobren prazas reservadas especialmente para parados con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, menores de 30 anos con ou sen cualificación, maiores de 45 anos, mulleres ou parados de longa duración, pero tamén para persoas desempregadas que non están incluídas en ningún dos grupos anteriores. Os participantes recibirán orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego participantes reciben ofertas de traballo emparelladas co seu perfil.

O programa está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal e co cofinanciamento do Concello de Redondela.

- Publicidade -spot_img