Inicio Alto Minho A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil será estudiada pola Comisión Europea a...

A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil será estudiada pola Comisión Europea a iniciativa de Cerveira e Tomiño

Tomiño e Cerveira piden simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira
Tomiño-Cerveira – Acto presentación informe valedoras

O proxecto seleccionado busca simplificar a mobilidade transfronteiriza para facilitar a libre circulación de persoas menores que cruzan a fronteira para levar a cabo intercambios culturais, deportivos ou educativos.

O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de  Coordenação e  Desenvolvimento Regional  do Norte ( CCDR- N).

A proposta foi consecuencia do Informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos), que reclamaban en febreiro pasado simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira.

O programa europeo proporcionará agora aos beneficiarios seleccionados asesoramento de expertos legais. Os expertos darán apoio para definir o obstáculo de maneira clara, así como para identificar unha solución. Con ese fin, eses asesores deberán realizar un informe que incluirá: i) unha descrición clara do obstáculo legal, ii) unha indicación clara das disposicións legais que causan o obstáculo e iii) unha folla de ruta cara a unha posible solución con iv) indicación das entidades que participarán nela.

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño constataron que os requirimentos para realizar intercambios escolares de menores de idade entre os dous estados é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A eliminación ou simplificación deste problema burocrático permitirá incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares,  culturais e deportivos, permitindo unha maior cohesión territorial, social e económica.

O informe das Valedoras que fundamentou a proposta recomenda “estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local, no marco da Unión Europea, promovendo, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia”, singularmente entre “poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño”.

A iniciativa B- Solutions tivo ata agora dúas convocatorias, a primeira en 2018 para proxectos piloto, e agora, en 2019, para proporcionar asesoramento de expertos legais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies