Inicio Pontevedra O Salnés A lonxa do Grove foi a primeira rula de Galicia en volume...

A lonxa do Grove foi a primeira rula de Galicia en volume de descargas de centola e en facturación por esta especie en 2014

a-lonxa-do-grove-foi-a-primeira-rula-de-galicia-en-volume-de-descargas-de-centola-e-en-facturacion-por-esta-especie-en-2014

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a lonxa do Grove. A titular de Mar destacou que o ano pasado esta rula arousá foi a primeira de Galicia en volume de descargas de centola e en facturación por esta especie. A esta visita tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Os tres representantes do Goberno galego realizaron un percorrido pola lonxa e saudaron aos profesionais do mar que se atopaban nela.

A lonxa do Grove “é emblemática na comercialización desta especie tan prezada e única polo seu sabor e calidade”, subliñou a conselleira. Neste sentido lembrou que no ano 2014 se poxaron 41 toneladas de centola por valor de 640.000 euros. Un crustáceo que se pode atopar dende onte nas lonxas, ao iniciarse a campaña na parte litoral que vai desde Cabo Corrubedo ata A Guarda.

A conselleira lembrou que “estamos diante dun dos produtos estrela e máis agardados desta zona” e aproveitou para facer referenza ás descargas xerais desta lonxa. Así, trasladou que no que levamos de ano descargáronse preto de 560 toneladas de peixe e marisco por un importe de máis de 4,5 millóns de euros.

Rosa Quintana salientou que o seu departamento apoia e impulsa decididamente a comercialización dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura. Nesta liña, fixo fincapé na importancia de establecer mecanismos e medidas para acadar unha mellor comercialización dos nosos produtos do mar na súa primeira venda. Así, destacou que o importante é como se vende, que se comercialice ben e conseguir que á hora de mercar o produto os compradores valoren todo o esforzo dos profesionais que traballan no mar para poñelo á venda.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies