Inicio Val Miñor Baiona A liga Baitra reúne 50 barcos este fin de semana en Baiona

A liga Baitra reúne 50 barcos este fin de semana en Baiona

a-liga-baitra-reune-50-barcos-este-fin-de-semana-en-baiona
Sandra Trigo y Rosalía Martínez tratarán de revalidar el título en la clase 420

Preto de 70 nenos e nenas de entre 7 e 17 anos das clases Optimist e 420 regatearán esta fin de semana, nunha competición creada co obxectivo de impulsar a vela infantil en Galicia

Preto de 70 nenos e nenas de entre 7 e 17 anos das clases Optimist e 420 regatearán nunha competición creada co obxectivo de impulsar a vela infantil en Galicia

Tras case 10 meses de competición e 20 regatas disputadas, este fin de semana decídese en Baiona a liga Baitra, na que participan desde o pasado mes de setembro máis de medio centenar de nenos de entre 7 e 17 anos, das clases Optimist e 420.

A competición, creada polo Monte Real Club de Yates e Baitra Accesorios Navais para impulsar a vela infantil en Galicia, chega ao seu fin coas últimas probas que acabarán de debuxar o podio de gañadores.

O pequeno Yago Marquina, regatista desde os 8 anos e con 12 na actualidade, parte como favorito para levar o ouro da clase Optimist. Con 27 puntos vai primeiro na clasificación, seguido a escasa distancia por Nacho Salgueiro e o seu irmán Pablo Marquina, con 32 e 33 puntos respectivamente. Na clase 420, o tándem formado por Sandra Trigo e Rosalía Martínez ten todas as bazas para revalidar o título logrado en 2017, cando conseguiron subirse todo o máis alto do podio.

Este ano, tras quedar terceiras no apartado feminino do Trofeo Baitra, celebrado en febreiro, chegan con forza para facerse de novo co gran premio da liga. Tanto os Optimist como os 420 disputaranse as últimas probas da liga Baitra nun campo de regatas que estará situado no interior da baía de Baiona, moi preto da costa, para que todo aquel que o desexe poida gozar da competición desde as praias circundantes.

O sábado as mangas darán comezo a partir do mediodía e o domingo serán algo máis madrugadoras, con inicio previsto ás once da mañá. Os pequenos regatistas terán que completar varios percorridos en forma de trapecio, que puntuarán sobre a clasificación actual para definir o resultado final.

Ademais dos alumnos e alumnas da Escola de Vela do Monte Real Club de Yates, este ano sumaranse á competición un grupo de regatistas do Club Marítimo de Canido, co que o club baionés mantén unha moi boa relación, o que lles permitiu realizar intercambios e actividades conxuntas desde hai anos. Tamén sairán á auga, aínda que xa fóra de competición, varios barcos Omega do Monte Real, nos que irán a bordo nenos e nenas de iniciación á vela, para que poidan vivir desde dentro a experiencia das regatas.

A liga Social finalizará coa entrega de premios aos gañadores, o domingo ás catro da tarde, na que participarán o xerente de Baitra, Juan Carlos González, como patrocinador do evento e un dos principais impulsores da vela infantil en Galicia; e varios representantes do concello de Baiona e a xunta directiva do Monte Real.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies