spot_img
InicioGaliciaA Lei de recuperación da terra agraria mobilizou en Galicia 9.300 hectáreas...

A Lei de recuperación da terra agraria mobilizou en Galicia 9.300 hectáreas tras un ano en vigor

Galicia loita contra os incendios con polígonos agroforestais e aldeas modeloGalicia loita contra os incendios con polígonos agroforestais e aldeas modelo

A recuperación da terra está entre as prioridades do Goberno galego, que o ano pasado puxo en marcha a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia; un instrumento cun dobre obxectivo, por unha banda poñer a producir a terra en desuso e, por outra, manter os terreos limpos para previr os incendios. Desde que a Lei entrou en vigor, en maio de 2021, a Consellería do Medio Rural está a mobilizar máis de 9.300 hectáreas en toda Galicia a través de dúas figuras novedosas: os polígonos agroforestais e as aldeas modelo.

Ambas iniciativas puxéronse en marcha en aplicación desta norma, co fin de recuperar grandes espazos produtivos segundo o tipo de cultivo máis acaído ou de maior tradición en cada zona. Do total de máis de 9.300 hectáreas, 8.788 corresponden a polígonos agroforestais e 574 a aldeas modelo.

21 polígonos agroforestais en marcha

Os polígonos agroforestais agrupan terreos en desuso para polos a producir. A día de hoxe hai 21 polígonos de iniciativa pública existentes en Galicia, dos cales dez xa están iniciados e o resto en fase de actuacións previas. Os máis adiantados son os de Cualedro, que abrangue 64 hectáreas e unhas 72 parcelas de 70 propietarios; e o de Oímbra, con preto de 22 hectáreas e unhas 72 parcelas de 73 propietarios. Para ambos xa se tramitou a declaración de utilidade pública, para cultivos agrícolas de ciclo curto e gandería extensiva, ademáis de árbores froiteiras como actividade secundaria, no caso de Oímbra; e para gandería en extensivo e cultivos complementarios no caso de Cualedro.

Galicia loita contra os incendios con polígonos agroforestais e aldeas modeloOutros oito polígonos teñen practicamente rematados os estudos de viabilidade, como son os de Remuíño en Arnoia, Barzamedelle en Leiro, Pousada en Riós, Vences en Monterrei, Solbeira en Pederne de Allariz, Vilalén-Tomonde en Cercedo-Cotobade, Mandelos en Crecente e Santaia-Foxado en Curtis. Estes destinaránse aos cultivos de horta, viñedo e forestal. Noutras once localidades iniciáronse as actuación previas para converter 4.674 hectáreas en polígonos agroforestais.

Ao abeiro dos polígonos, a Xunta pon solución a unha das eivas da Galicia rural, a fragmentación territorial, polo que o obxectivo é restructurar as parcelas para que teñan un tamaño suficiente que garanta a rendibilidade en función dos cultivos, dando prioridade ás explotacións galegas instaladas que demanden base territorial; pero sempre e cando máis do 70% dos donos das parcelas estén de acordo.

Tres novas aldeas modelo

Por outra banda, outro instrumento de mobilización e recuperación de terras que ofrece a Lei de recuperación da terra agrícola de Galicia son as aldeas modelo. O seu obxectivo é poñer a producir, de maneira sostible, as terras abandonadas de alta capacidade productiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo tamén á creación de actividade agrogandeira e á redución do risco de incendios.

Neste senso compre destacar que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de resolver a declaración de tres novas aldeas modelo en Soutogrande (Vilariño de Conso), Cortegazas (Avión) y Ferreiros (Ames). Entre as tres suman máis de 57 hectáreas e pertencen a concellos situados en zonas de alto risco de incendios e adheridos ao sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

As novas aldeas modelo declaradas súmanse ás xa en marcha e fan un total de 21. Por provincias, hai unha na Coruña, outra en Pontevedra, cinco en Lugo e 14 en Ourense que, conxuntamente, acadan as 574,27 ha de superficie de actuación, 9.346 parcelas e 2.359 titulares catastrais.

As aldeas modelo de Lugo son as de Trascastro (O Incio), Parada dos Montes (A Pobra de Brollón), Moreda (Folgoso do Courel), Bustelo de Fisteus (Quiroga) e Francos de Proendos (Sober). A situada na provincia de Pontevedra é a de Mouteira-Parada, no municipio de Cerdedo-Cotobade.

A maiores, séguese cos traballos de recollida de sinaturas doutras sete aldeas modelo de cara á súa aprobación: unha na Coruña, outra en Lugo, unha máis en Pontevedra e catro en Ourense. En total, representarán outras 194,84 ha de superficie de actuación, 3.395 parcelas e 901 titulares catastrais.

- Publicidade -spot_img